Ágora dixital
Temos un problema, busquemos unha solución.
Por que: Moitas veces nas nosas aulas precisamos desenvolver de xeito rápido o deseño e a construción dun prototipo que dea resposta a un proxecto. A intención deste prototipado rápido non é ter un produto definitivo, senón ter un prototipo de evolución que vaia medrando e adaptándose ás necesidades e requisitos dese proxecto. A través destes procesos de desenvolvemento rápido potenciamos a observación, a curiosidade e a xeración de ideas innovadoras onde cada erro é un avance.
Que: Este pensamento permite identificar e definir problemas para abordalos de xeito individualizado buscando unha solución entre todo o grupo clase. Así, o alumnado globalmente fai a súa aportación na parte onde poida engadir a súa experiencia ou habilidades persoais, e tamén aprende a pensar de xeito crítico achegando melloras a ideas doutros membros do grupo clase.
Como: Os pequenos grupos seguen un proceso guiado e mediado pola persoa docente pasando por varias fases. Todas as fases requiren da suma de esforzos individuais para fabricar un primeiro modelo, normalmente con materiais de baixo custe, e tamén para avaliar as alternativas presentadas. Coa proxección do vídeo, podes amosar cada unha delas e tamén presentar unha recomendación da estratexia a seguir.
Cando: Dentro dunha ABP ou unha ApS, onde precisemos explorar solucións a problemas. Tamén cando queiramos experimentar e facer unha exploración creativa de novas ideas.
Onde: Precisamos un espazo flexible, amplo, onde os equipos poidan moverse, interaccionar e crear sen barreiras físicas.
O teu plan nun clic
Podes descargar esta estratexia completa en forma de presentación, resumo e infografía para su emprego na aula.
Imaxe
|
Imaxe
|
Imaxe
|