Ágora dixital
Imos explorar dúas visións sobre a intelixencia artificial (IA) establecendo puntos de conexión e relacións co sector educativo. Isto pode servir de introdución a todo o persoal docente que está pendente da súa evolución profesional. O campo da IA é amplísimo, moitas veces excesivamente técnico, e pode parecer afastado da realidade educativa. Porén, é necesario valorar o seu gran potencial transformador e as oportunidades que achega.
Por unha banda, podemos falar de ensinar coa IA e, pola outra, ensinar para a IA. Ambas as dúas formas de ensinar son importantes e complementarias, e teñen como finalidade preparar a estudantado para o futuro.

Neste punto e cunha mirada aberta, é necesario que o persoal docente saiba diferencialas comparando tres aspectos básicos: significado, aplicación e transferencia. Imos coas diferenzas entre ambas:
Ensinar coa IA
- Significado: Ensinar coa IA comporta o emprego das novas ferramentas e recursos dixitais que achega diariamente a IA para mellorar a transformación dixital do centro e dos resultados educativos.
- Aplicación: Pódese ensinar coa IA usando sistemas que impliquen unha mellora nas titorías docentes, empregar plataformas que incorporan unha aprendizaxe personalizada e adaptada ao alumnado e incorporar á aula novas experiencias educativas ou asistentes intelixentes.
- Transferencia: Estas aplicacións da IA poden facilitar o acceso á información mellorando a competencia dixital. Personalizan a aprendizaxe e son capaces de proporcionar feedback.
Ensinar para a IA
- Significado: Ensinar para a IA implica formar o estudantado en todas as competencias e os coñecementos necesarios para a vida comprendendo, usando e avaliando constantemente as tecnoloxías intelixentes.
- Aplicación: Introdúcense os conceptos básicos da IA, como a aprendizaxe automática, o procesamento da linguaxe natural (PLN), a visión artificial co uso de novos programas, xogos e actividades.
- Transferencia: Ademais de coñecer a IA, estas actividades potencian o desenvolvemento do pensamento computacional e o razoamento lóxico, así como a creatividade.
A IA ten un potencial enorme para transformar a gran velocidade a educación e a sociedade, pero tamén implica desafíos e riscos que precisan dunha formación continua crítica e responsable tanto do alumnado como do persoal docente. Para seguir avanzando recomendamos revisar estas dúas publicacións da UNESCO: