Cámara en Laikipa-Kenya
Competencias
As cámaras na natureza son webcams situadas en lugares privilexiados e estratéxicos que retransmiten en directo o que ocorre nun espazo natural. Unha forma sinxela e non invasiva de aprender sobre a fauna salvaxe desde as nosas aulas.

 

Imaxe
Laikipia County, Kenya

O centro de investigación de Mpala é o fogar de centos de especies de animais e plantas salvaxes característicos de África. Situado no condado kenyano de Laikipia, unha vasta zona que alberga fauna salvaxe e granxas privadas, onde rabaños de ovellas, vacas e camelos pastan entre animais salvaxes. Preto de 7.000 elefantes deambulan por Laikipia, unha pradería ondulada salpicada de arbustos e acacias. Nos ceos de Laikipia voan 1.133 especies de aves, o 48% de todas as rexistradas en Kenya.  Desde 1994, o Centro de Investigación de Mpala dedícase a estudar como a fauna salvaxe e o ser humano poden convivir de forma beneficiosa para ambos. O Centro xorde dunha asociación entre a Universidade de Princeton, o Instituto Smithsoniano, os Museos Nacionais de Kenya, o Servizo de Fauna de Kenya e a Mpala Wildlife Foundation.

 

Imaxe
Hippo Kenia

As cámaras na natureza de Mpala ofrecen unha visión ininterrompida da vida de elefantes, leóns, cebras, xirafas, hipopótamos, aves e outros animais, dos que podemos desfrutar en directo desde a nosa aula.  Aínda que os mellores momentos para observar a vida salvaxe son o amencer e o solpor, en Mpala temos a sorte de poder atopar vida salvaxe en acción ao longo de todo o día nunha das catro cámaras que ofrece o centro de investigación.