Ciencia cidadá e intelixencia artificial nun mesmo proxecto
Competencias
Habilidades
 
"Axuda a implementar un seguimento da biodiversidade mediante intelixencia artificial”

 

 

Imaxe
Lince

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cal é o obxectivo do proxecto?

Normalmente a identificación de especies fotografadas con fototrampeo son levadas a cabo por persoal técnico e, a maior parte das imaxes queda sen revisar, debido ao seu altísimo volume. Utilizando a intelixencia artificial pódense avaliar gran cantidade de imaxes en pouco tempo. O obxectivo do proxecto é desenvolver unha ferramenta que axude a coñecer o estado da biodiversidade nas distintas rexións da Península Ibérica e así actuar rapidamente sobre a contorna medioambiental e evitar descensos de poboacións acusados.

Por que é importante na Península Ibérica?

A Península Ibérica é unha das rexións con maior biodiversidade de Europa. Aquí se atopan o 20% das áreas protexidas na rede Natura 2000 e viven aproximadamente o 50% das plantas e vertebrados terrestres do continente europeo. 

Por que somos tan importantes nós?

A intelixencia artificial (IA) realmente non é intelixente. Precisa de moito adestramento para despois ser quen de replicar o que adestrou. Ese adestramento facémolo nós. Axudamos a IA a identificar as especies e corrixímola cando se trabuca. O proxecto ten unha guía visual moi sinxela coa que recoñeceremos os vertebrados terrestres máis comúns da Penísula Ibérica e así, poderemos adestrar a IA e aprender ao mesmo tempo.