Combate a desinformación con Aula Check+
Competencias
 
"Monta unha noticia, desmonta unha loiada ou fake news

 

 

Imaxe
Mas aula check

 


MásAulaCheck é un proxecto no que estudantes de 3º e 4º da ESO, e de 1º de Bacharelato de centros educativos de todo o Estado español colaboran para crear un xornal en liña de carácter científico con alcance nacional. MásAulaCheck é un proxecto de comunicación científica no que o alumnado comparte noticias próximas e desmonta loiadas e noticias falsas sobre ciencia.  O proxecto conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.


Nesta edición, realizaron melloras atendendo ao feedback do profesorado recibido o ano pasado, todo co obxectivo de facer o proxecto máis accesible e eficaz para docentes e alumnado.

As inscricións están abertas ata o próximo 20 de setembro
Xa podes inscribirte en MásAulaCheck, o proxecto de comunicación científica para combater a desinformación e fomentar o pensamento crítico.

Que ofrece MásAulaCheck ao persoal docente?

  • Formación:  talleres impartidos por profesionais sobre como combater a desinformación (Verificat), o uso da intelixencia artificial e a comunicación científica.
  • Acceso gratuíto a materiais didácticos: guías e vídeos que lle axudarán a desenvolver o proxecto na aula. Tamén haberá un banco de noticias falsas accesible para facilitar a selección de temas relevantes.
  • Apoio e asesoramento: para calquera dúbida ou problema, a organización do proxecto ofrecerá axuda personalizada adaptada ás necesidades de cada docente. Ademais o alumnado recibirá feedback do traballo realizado co obxectivo de aprender e mellorar. 
  • Recoñecemento: tanto para docentes como alumnado, xa que desde AulaCheck fan difusión do labor dos centros educativos, destacando os seus esforzos e logros, visibilizando o traballo realizado polo alumnado no centro. 

Novidades! 

  • Abordan o tema da intelixencia artificial na aula.
  • Adaptan a forma de contar noticias e desmontar loiadas nas redes sociais máis usadas pola rapazada (Instagram e TikTok).
  • Talleres presenciais impartidos nalgúns centros educativos seleccionados.

Obxectivos:

  • Promover a cultura científica entre o alumnado, por exemplo, realizando entrevistas a científicas e científicos. 
  • Fomentar o traballo en equipo.
  • Abordar temas de interese para a mocidade: saúde mental, intelixencia artificial, etc.
  • Fomentar o pensamento crítico e a capacidade de discernir información veraz.

Duración: Un curso académico (de outubro do 2024 a xuño de 2025) 


En que consiste o traballo dos centros? 

  • Asistir a talleres en liña impartidos ao longo do proxecto.
  • Traballar os materiais didácticos proporcionados na aula.
  • Xerar contido: noticias científicas e desmontar loiadas para subilas á plataforma web do proxecto.
  • Realizar e editar vídeos adaptados ás redes sociais máis utilizadas, como Instagram e TikTok, para fomentar o pensamento crítico e combater as noticias falsas.

Como participar? O profesorado interesado en levar AulaCheck+ ás súas aulas debe completar o formulario de inscrición antes do venres, 20 de setembro (incluído).


Tes dúbidas ou queres saber máis? Escribe a aulacheck@ibercivis.es