Ágora dixital
CinVigo é o festival científico organizado polo CINBIO — Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, un evento que cada ano transforma o corazón da cidade nun espazo cheo de experimentos, aprendizaxe e curiosidade. Durante dous días, Vigo convértese nun auténtico laboratorio ao aire libre no que estudantes, docentes, familias e público xeral poden interactuar coa ciencia dun modo próximo e participativo.

A cuarta edición celebrarase os días 25 e 26 de abril de 2026, converténdose nun punto de encontro para a comunidade educativa e investigadora. O evento inclúe unha feira científica aberta, concursos de proxectos, obradoiros para todas as idades, espectáculos divulgativos, retos, xincanas e múltiples experiencias pensadas para achegar a ciencia a toda a cidadanía.
O certame está dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, que pode participar en equipos de até catro persoas. Os proxectos preséntanse en tres categorías —Early researchers, Young researchers e Teen researchers— permitindo que estudantes de diferentes niveis poidan mostrar as súas investigacións, resolucións de problemas ou prototipos innovadores. Ademais, o festival promove valores como o pensamento crítico, a creatividade, o traballo en equipo e a comunicación científica.

As inscricións para participar en CinVigo están abertas ata o 9 de febreiro de 2026. Todas as persoas interesadas poden cubrir o formulario dispoñible na web do CINBIO a través desta ligazón:
Formulario de inscrición a CinVigo
CinVigo é unha oportunidade única para vivir a ciencia en primeira persoa e descubrir o talento das novas xeracións investigadoras. Participa e forma parte desta festa científica!