Ágora dixital
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006 co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Ten como público obxectivo a estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato, e está aberto tamén ao público xeral.
- Onde se celebra. Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas, Ourense.
- Web: https://galiciencia.com/
- Prazo de presentación de proxectos: do 22 de xaneiro ao 18 de marzo de 2024.
Galiciencia é unha feira científica que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia durante os días 8, 9 e 10 de maio.
Para participar, o estudantado previamente desenvolve, apoiado polo seu profesorado, un proxecto relacionado coas ciencias experimentais ou as ciencias sociais aplicando o método científico. Tras presentar a súa proposta de proxecto, se é seleccionado, expoñerao ante a persoas visitantes durante os tres días da feira.
Galiciencia permite participar ao alumnado presentando proxectos ou tamén realizando visitas. Se o teu alumnado é de Primaria, Secundaria ou Bacharelato e queredes ser parte da feira como visitantes, podedes asistir aos obradoiros e espectáculos científicos, participar en streaming ou acceder á exposición de proxectos científicos. Lembra, o desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole.