Ágora dixital
Nos últimos anos realizáronse en España proxectos de ciencia cidadá de monitorización da auga e do aire. Con todo, o estudo do chan está moi pouco popularizado pola ciencia e é difícil atopar recursos fiables.
Vigilantes del suelo é un proxecto de ciencia cidadá impulsado polo Centro de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria de Aragón (CITA) e a Fundación Ibercivis. O obxectivo do proxecto é estimular a participación cidadá en actividades científicas a través da edafoloxía, a ciencia que estuda os solos. Para alcanzalo facilitarase aos centros educativos un kit con ferramentas e metodoloxías fiables que lles permitirán determinar a calidade dos solos da súa contorna. O prazo de inscrición para esta campaña científica iniciouse en outubro de 2023 e iranse engadindo centros ata o fin das existencias. Para a subida e compartición de datos, utilizarase unha aplicación para dispositivos móbiles, permitindo elaborar un mapa colaborativo dos solos de toda España
Estes datos quedarán en aberto para que a comunidade científica e os centros escolares poidan realizar investigacións. Na páxina web de Vigilantes del suelo poderás atopar información interesante como o protocolo de medida ou as persoas embaixadoras en cada comunidade autónoma. En Galicia actuará como embaixadora a Asociación Umbella (correo electrónico: umbellaedu@gmail.com).
Máis información sobre o proxecto. https://vigilantesdelsuelo.es/