Afundir o barco
Competencias
Palabras Clave

 

Con este experimento demostraremos que o aire, aínda que non o vemos, ocupa lugar, pode exercer presión sobre un líquido e actuar de “atmosfera protectora”.

Imaxe
M22 Im 1

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

 

Mans á obra    

    

  

Paso 1

 Antes de comezar a realizar o experimento proporemos o reto de crear uns barquiños de papel de tamaño pequeno, seguindo estes pasos:   

  •  Dobrar o folio pola metade e cortalo. Volver a dobrar o folio pola metade e volver a cortalo. Para facer un barco pequeno que entre dentro dun vaso é preciso cortalo en oito anacos.Dobrar un dos cadrados de papel pola metade.
  • Marcar a metade do rectángulo que nos sae e dobrar as puntas da dobrez cara o centro.
  • Dobrar as lapelas rectangulares cara arriba.
  • Abrir o triángulo que nos sae e superpoñer as pestanas dos lados transformándoo nun cadrado.
  • Coller as puntas abertas do cadrado e dobralas cara á punta oposta facendo outro triángulo.
  • Abrir o triángulo e colocalo en forma de cadrado.
  • Coller as dúas puntas que se moven e estirar.     
    
Imaxe
M22 Im2
       
 Paso 2
    

 Para realizar o experimento:  

    
  • Enche un recipiente de auga.
  • Coloca o barquiño de papel na auga, con coidado de que non se ladee e observa como flota.
  • Colle o vaso e colócao con moito coidado enriba do barco ata que tome contacto coa auga.
  • Con pulso firme, comeza a empuxar o vaso cara o fondo do recipiente con auga, ata levalo ao fondo e que a auga cubra todo o vaso.
  • Lentamente volve a subir o vaso, coidando de non torcelo. Levanta o vaso con coidado, saca o barco e comproba como está seco, soamente está algo húmida a parte que estivo en contacto coa auga.     
    
Imaxe
M22 Im3
    

    

    
    
Paso 3
  •  Agora colle un vaso de plástico e faille un furado na parte onde se apoia.      
  • Repite os pasos anteriores e observa como non ocorre o mesmo que cando o vaso estaba sen o furado.

    

    
Imaxe
M22 im4
    

 

    

Tips docentes

 Tips docentes para desenvolver a estratexia educativa de forma axeitada.  

  Dependendo da idade do alumnado con que se realice este experimento, os barquiños é mellor telos xa feitos, porque deben ser moi pequenos para que caiban dentro do vaso, e resulta difícil facer as dobreces.

 Antes de comezar co experimento centraremos a atención do alumnado facendo hipóteses. Falaremos sobre o que pasará se poñemos o barco de papel na auga. Preguntarémoslle se cren que hai algunha maneira de meter o barco ata o fondo sen que se molle, que pasará se lle poñemos o vaso enriba e empuxamos cara ao fondo. Tamén se preguntará se cren que dentro do vaso hai aire.

 Unha vez feitos os pasos descritos previamente, explicaremos que o aire está en todas partes, que non se ve, pero que está. Neste caso exerce de “atmosfera protectora" do barco, facendo presión sobre a auga para que esta non entre no vaso.

 Ao realizar o experimento de novo, pero cun vaso de plástico furado, podemos preguntar se cren que vai ocorrer o mesmo que antes. Ao rematar explicaremos que ao estar o vaso furado, o aire ten un sitio por onde saír cando a auga fai presión, por iso se molla o barco. 

A túa clase nun clic

Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle. (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

Imaxe
4
Imaxe
cast