Arquitectura 3D
Competencias

 

Nesta microsecuencia deseñamos en Tinkercad elementos Patrimonio da Humanidade e creamos coa placa Makey Makey paneis informativos cos seus datos máis significativos.

Imaxe
M28 Imx01

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1
  • O alumnado en grupos de 4 procura información sobre diferentes elementos arquitectónicos Patrimonio da Humanidade.
     Paso 2
    • Extraen a información máis relevante e crean un texto expositivo para gravar en Scratch e elaborar un panel interactivo.
      Paso 3
      • Asocian cada fragmento que gravan a unha frecha do Makey Makey e únena con cadanseu elemento metálico do panel informativo.
      Paso 4
      • Cargan o programa de Scratch (extensión Makey Makey) na placa.

      Paso 5
      • Deseñan en Tinkercad o monumento escollido e imprímeno na impresora 3D do Polo Creativo do centro.
      Imaxe
      M28 Imx2

       

      Paso 6
      • Expoñen a maqueta tridimensional nun lugar visible e invitan a que os demais interaccionen para coñecer máis a fondo aspectos destacados sobre cada un dos monumentos escollidos.
      Imaxe
      M28 Imx3
       

       

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

       É importante traballar previamente a importancia dos monumentos e da súa correcta conservación, co fin de crear un vínculo co noso patrimonio.

       É interesante afondar no concepto de terra e que pasa se non usamos ese cable nas nosas maquetas e o porqué.

       Ademais do grafito, é práctico probar con outros materiais para que o alumnado experimente, clasifique e saque conclusións sobre cales son condutores e cales non. É útil formular hipóteses con diferentes obxectos e logo experimentar e observar para sacar conclusións. 

       É importante unha alfabetización previa no deseño 3D, mais en pouco tempo logran acabados bastante profesionais (alumnado de 6º de EP).

       Pódese complementar con outros elementos STEAM: luz LED no faro (torre de Hércules), empedrado (Muralla de Lugo)... Para iso poderían ser necesarios materiais complementarios como: leds, cinta de cobre...

       Resulta interesante unha vez feita a actividade fomentar que empreguen este recurso para extraer ideas para outras tarefas/traballos... como poden ser a elaboración dun conecta, e-téxtiles ou a creación de xogos interactivos en Scratch, instrumentos musicais...

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle. (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast