Atopa o portal con micro:bit
Competencias
Habilidades

 

Se Stranger Things che apaixona, ao longo desta experiencia poderás atopar o portal oculto para asegurarte de que o temido Demogorgon fica pechado nel.

 

Imaxe
M12_Imx1
Public Domain Pictures. Stranger Things logo.

Capítulo 5. A pulga e o acróbata. Tempada 1

Tras o funeral de Will Byers, os rapaces pregúntanlle ao señor Clarke sobre a posible existencia de dimensións paralelas, ao que o profesor lles explica que para que iso fose posible, necesitaríase unha grande cantidade de enerxía para crear un portal que permitise aos humanos acceder a outras dimensións. Se isto sucedese, esta enerxía podería alterar os campos magnéticos confundindo calquera compás e, polo tanto, seguindo o norte de calquera compás poderían atopar o portal.

A nosa misión será a de construír un compás caseiro e programalo con micro:bit para poder atopar o portal e manternos a salvo do ataque do Demogorgon.

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

Mans á obra

Paso 1
  •  Creación do compás caseiro.
    • Collemos a agulla e dámoslle unhas 50 fretas nunha soa dirección cun dos polos do imán.
    • Enchemos o recipiente coa auga, e deixamos flotar a cortiza nela.
    • Con moito coidado, centramos a agulla na cortiza cravándoa de xeito que a atravese.  
    • Xa temos rematado o noso compás caseiro.
Imaxe
M12_Imx2
Compás caseiro

A auga proporciona unha superficie case sen fricción que lle permite á cortiza xirar ata que o polo norte da agulla (o burato) apunte cara ao Polo Norte magnético. Se se frota a agulla co imán na outra dirección, será a punta a que sinale o norte. Para probar a súa eficacia, podemos acercar o imán á agulla e veremos como xira ao verse atraída por el.

  • Explicación:

Ao fretar a agulla cun dos polos do imán, esta magnetízase e comeza repeler os polos con distinto signo ao seu e atraer aos do mesmo. É por isto que, mentres non haxa ningunha interferencia, a agulla sempre apuntará ao norte da Terra.

A Terra é, no fondo, coma un xigantesco imán. O seu norte magnético permitiunos crear compases cos que orientarnos no espazo desde hai miles de anos.

 

 Paso 2
  • Programamos con micro:bit:
Imaxe
M12_Imx3
  • Descarga o programa na placa, conecta a placa coa súa batería e proba o seu funcionamento.
  • Incorpora a micro:bit ao recipiente con auga e terás o teu compás completo.

 

Paso 3
  • Prepara un mapa coas pistas que deberá seguir o alumnado para que atope o portal oculto no que está pechado o Demogorgon. Achégase un como modelo.
  • O mapa podes atopalo no documento adxunto.
Imaxe
M12_Imx4
Imaxe do mapa. 

 

Tips docentes

Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

 En Microsoft MakeCode o alumnado non necesita facer login.

 Lembra que si precisarán conexión á Internet.

 Podedes facer diferentes propostas de mellora ao programa que ademais poden permitir a andamiaxe da actividade, como por exemplo:

  • Fai o compás máis preciso reducindo o rango do ángulo. Fai que o número 45 sexa máis pequeno e o 315 máis grande.
  • Engade máis puntos cardinais para amosar cando micro:bit apunta cara ao leste, oeste ou sur.
  • Engade son para que faga ruído ao apuntar cara ao norte, de xeito que alguén con discapacidade visual poida tamén empregar o teu compás.

 Tamén poden deseñar ou imprimir as súas rosas dos ventos para engadir no fondo do recipiente e que o compás caseiro sexa máis visual (pode verse algún exemplo na imaxe interactiva).

 É recomendable que acoples unha batería á placa micro:bit para que o alumnado poida moverse libremente pola aula sen estar limitado polo cable de conexión ao PC.

 O mapa de exemplo coas pistas está contextualizado na aula, pero en función das posibilidades do centro e arredores, poderías empregar todas as instalacións tanto interiores como exteriores.

 Pode resultar cómodo empregar un utensilio con tapa, tipo tupper, de xeito que a placa e a súa batería poidan ser aloxadas comodamente na tapa, e incluso ser fixadas cun anaco de cinta de dobre cara (tal como pode observarse na imaxe interactiva).

A túa clase nun clic

Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle. (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

Imaxe
4
Imaxe
cast