A caca-canela
Competencias
Palabras Clave
Habilidades

 

Nesta experiencia exploraremos a beleza da ciencia a partir dunha experiencia con dous materiais de uso cotiá na cociña: auga e canela en pó.

Imaxe
M54.1
Canela  (CC BY-SA)

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

 

  • Botamos auga nun vaso ou bote de cristal.
  • Cunha culleriña, botamos canela sobre a auga (quedará flotando na superficie)
Imaxe
M54.2
     Paso 2

     

    • Mete o teu dedo índice dentro do vaso e observa o que ocorre.
    Imaxe
    M54.3
      Paso 3

       

      • Que acontece ao sacar o dedo da auga?
      Imaxe
      M54.4

        Tips docentes

        Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

        Esta experiencia é moi sinxela, pero ten unha gran importancia de cara ao coñecemento da tensión superficial e da impermeabilidade.

        Neste caso, a explicación que daremos ao noso alumnado, ao tempo que facemos a experiencia pasará por explicarlles en cada paso o porqué de cada cousa que acontece. 

        Comezaremos botando a auga no vaso e posteriormente a canela por riba. O alumnado verá como a canela se queda flotando na superficie. A que se debe? Pois á tensión superficial. Esta é a propiedade físico-química dos líquidos que se refire á forza que actúa na superficie do líquido tendendo a diminuir a súa área superficial ao mínimo posible.

        Dita propiedade resulta das forzas de cohesión entre as moléculas do fluído. Esta forza hai que a superficie da auga actúe como unha membrana que non se pode perforar. Pois iso, ao meter o dedo na auga, a canela rodea dita membrana, pero ao sacar o dedo vemos que está seco, pois a tensión superficial non permitiu a súa perforación.

        Podemos falarlles dalgúns exemplos sobre a tensión superficial na natureza, como son: os mosquitos zapateiros pousándose sobre a auga, as gotas de auga de chuvia e a súa forma, as burbullas de xabón, a formación das bágoas...

        Aproveitamos tamén para contarlles que a canela sae da corteza interior dunha árbore, o canelo. Esta árbore ten unha densidade moito menor que a auga, polo que non se afunde.

        A túa clase nun clic

        Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

        Imaxe
        4
        Imaxe
        cast