Ágora dixital
Seguro que algunha vez separaches unha folla de papel dun caderno sen esforzo. Entón… como pode ser que dous cadernos de papel se volvan case imposibles de separar cando intercalamos as súas follas?
Nesta actividade investigarás a forza de fricción e descubrirás un efecto sorprendente: canto máis follas intercalamos, máis custa separalas. A túa misión será explicalo con evidencias.

Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
Pregunta de investigación
Seremos capaces de separar dous cadernos cando intercalamos as súas follas (40–60 páxinas por caderno)?
Predición inicial (antes de probar)
Marca unha opción:
☐ Creo que SI, poderemos separalas tirando forte.
☐ Creo que NON, quedarán “pegadas” e non se poderán separar a man.
☐ Non o teño claro, pero quero comprobalo.
- Paso 2
-
Hipóteses (afirmativas e negativas)
Completa unha ou varias:
Hipóteses (Afirmativa/negativa):
“Se intercalamos 40–60 páxinas, SI/NON seremos capaces de separalas.”Outras hipóteses...
- Paso 3
-
Preparación (control de variables)
Antes de empezar, asegurádevos de manter constante:
-
Mesmo tipo de papel (dous cadernos parecidos)
-
Mesmo xeito de tirar . Tiramos recto as dúas forzas teñen que ter a mesma dirección e sentido contrario.
-
Mesmo solapamento .
-
- Paso 4
-
Intercalado das follas (como barallar cartas)
- Abre os dous cadernos pola metade.
- Colócaos un fronte ao outro.
-
Intercala as follas unha a unha, alternando:
-
1 folla do caderno A
-
1 folla do caderno B
-
e así ata completar todas.
-
-
Consello: facédeo con calma para que quede “regular” e non se amontoen.
-
Video file - Paso 5
-
Proba 1: separación “a man” (tirando recto)
Cada persoa colle un caderno por un extremo.
Tirade en liña recta, sen retorcer nin dobrar.
Observade que ocorre:
☐ Sepáranse doadamente
☐ Sepáranse con esforzo
☐ Case non se moven
☐ É imposible a man
- Paso 6
-
Proba 2 (opcional): tirar con cordas
Se queredes unha proba máis equilibrada:
- Atade unha corda a cada caderno (ou suxeitádea con firmeza).
- Tirade mantendo a mesma altura e dirección.
Imaxe
Libretas intercaladas - Engadir obxectos cunha masa coñecida para poder calcular canto peso soporta.
Video fileLibretas intercaladas soportando o peso dun botellón de 20 litros de auga. - Paso 7
-
Rexistro de datos
Elabora unha táboa coas seguintes variables:
- Número de páxinas intercaladas
- Superficie de solapamento
- Masa e peso soportados
- Observacións
Na “Superficie de solapamento ” podes poñer a lonxitude do solapamento (por exemplo 2 cm, 4 cm, 6 cm…).
Na “Masa soportada (kg)” anótase o máximo peso que aguanta sen separarse (engadindo masa pouco a pouco).
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Hipóteses suxeridas ao alumnado
-
“Cantas máis follas intercaladas, máis difícil é separalas.”
-
“O aumento de dificultade non será lineal: de 10 a 20 notarase moitísimo máis.”
-
“Se solapo máis centímetros, custará máis separalas.”
-
“Se tiro moi recto custará máis que se dobro ou retorzo (pero iso ‘fai trampa’ porque cambia o experimento).”
Cuestións guía posibles
-
Que cambia cando pasamos de 5 a 30 follas?
-
Por que “tirar máis forte” non axuda… e ás veces empeora?
-
Que estamos mantendo constante (mesmo tipo de notas, mesmo solapamento aproximado, mesmo modo de tirar)?
-
Que erro aparece se o alumnado dobra ou retorce? (cambia a normal / cambia o contacto)
-
Como poderiamos medir a forza de forma obxectiva? (dinamómetro)
Estratexias para rexistrar o proceso
-
Educación Primaria: debuxo da montaxe.
-
ESO: táboa + mini-OCR (Observación do fenómeno-Conclusión–Razoamento).
-
Bacharelato: táboa + gráfica (nº de follas vs “forza” se hai dinamómetro) + breve discusión de incerteza/fiabilidade.
Futuros experimentos ou investigacións
-
Cambiar o tipo de papel (revista brillante vs papel mate) e comparar.
-
Estudar o efecto da distancia de solapamento (solapar moito vs pouco).
-
Probar “métodos truco” (dobrar/retorcer/empuxar en vez de tirar) e xustificar por que cambian o resultado.
-
Versión cuantitativa: engadir dinamómetro e estimar unha relación tipo F ≈ μN (Bacharelato).
Explicación científica
A fricción é a forza que se opón ao deslizamento entre dúas superficies en contacto. Normalmente o papel con papel ten pouca fricción, pero ao intercalar moitas follas ocorre un efecto parecido a unha trampa chinesa (Chinese finger trap): cando tiramos, as follas apértanse entre si, aumentando a forza normal entre todas as superficies en contacto. Cantas máis follas hai, máis contactos se suman e maior é o efecto; por iso con 20–30 follas pode ser case imposible separalas tirando en liña recta.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
|
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |

