Ágora dixital
Gústanche os xogos de adiviñas? Con esta caixa serás quen de facer incribles trucos de maxia xa que nela poderás esconder todo o que imaxines. O teu alumnado deberá adiviñar o que se atopa dentro premendo nun botón e escoitando o son.

Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
- Pintamos a caixa e facemos as divisións interiores
Imaxe
- Paso 2
-
- Colocamos os botóns con papel de aluminio e decoramos con goma eva. Colocamos tamén o cable que posteriormente conectaremos coa placa Makey Makey.
- Cada un dos botóns da caixa van unidos a cada unha das partes diferenciadas da placa Makey Makey (frechas, barra espaciadora, ...).
- A placa Makey Makey vai unida ao computador por medio dun cable USB.
- Paso 3
-
- O profesorado axudará, coa guía docente, no desenvolvemento do programa Scratch.
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada. Consellos para un bo funcionamento:
Esta actividade está deseñada para alumnado de infantil. Porén, o profesorado ten a liberdade de incrementar a complexidade do proceso. Deste xeito pode ser aplicable en primaria e incluso en secundaria.
ecesaria unha conta no programa de Scratch.
- Enlace ao programa creado: https://scratch.mit.edu/projects/604837846
O máis importante para un bo funcionamento é que haxa unha boa conexión entre o papel de aluminio e a placa Makey Makey.
Crear unha pulseira metálica (papel de aluminio) para conectar a toma de terra da placa Makey Makey e dar máis “liberdade manual” ao alumnado participante. Sobre todo se se trata de alumnado novo.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
|
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |

