Ágora dixital
Nesta experiencia imos mergullarnos no fascinante mundo da tecnoloxía e da xardinería. Construiremos un sistema de detección da humidade do chan empregando a placa BBC micro:bit. Este sistema permitirános saber se as nosas plantas precisan auga.
O obxectivo principal desta microsesión será aprender a construír un sistema sinxelo de medición da humidade da terra empregando o microcontrolador BBC micro:bit e un sensor de humidade do solo. Será preciso cargar un sinxelo programa na placa ou desenvolvelo nós mesmos empregando o contorno de desenvolvemento gráfico en liña Microsoft MakeCode.

Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
Conexión do sensor de humidade
-
Conectar o cableado do sensor
O primeiro paso consiste en conectar o cableado que se fornece xunto co sensor: tres cables Dupont femia nun extremo e un conector branco no outro.
A conexión é moi sinxela: só temos que inserir o conector branco no sensor ata que quede ben fixado. -
Engadir os cables Dupont - pinza de cocodrilo
A continuación, collemos os tres cables de cores negro, vermello e azul, que teñen nun extremo unha pinza de cocodrilo e no outro un conector Dupont macho.
Conectamos o extremo Dupont macho de cada cable co correspondente conector Dupont femia do cableado do sensor, respectando a cor de cada un.A conexión final quedará do seguinte xeito:
ImaxeImaxe propia. Conexión cableado no sensor humidade. -
- Paso 2
-
-
Conexión do sensor de humidade á placa BBC micro:bit
Para conectar o sensor de humidade á placa BBC micro:bit, empregaremos os conectores de pinza de cocodrilo.
A conexión realizarase do seguinte xeito:
-
Cable vermello → pin 3V da placa (alimentación positiva)
-
Cable negro → pin GND (masa ou negativo)
-
Cable azul → pin 0 (entrada analóxica de lectura do sensor)
ImaxeImaxe propia. Conexión cableado no microcontrolador. ImaxeImaxe propia. Conexión cableado no microcontrolador. -
- Paso 3
-
-
Calibración do sensor de humidade
-
Conectar a placa BBC micro:bit ao ordenador
Conecta a placa BBC micro:bit ao ordenador mediante o cable USB. -
Cargar o programa de calibración
Empregando o explorador de ficheiros, copia o arquivo do programa de calibración na placa BBC micro:bit:M81_calibración_sensor.hex
.
Agarda uns segundos ata que o programa quede correctamente cargado. -
Obtención dos valores de referencia
-
Humidade do aire:
Suxeita o sensor coa man e preme o botón A ou B da placa BBC micro:bit.
Anota o valor que se amosa na pantalla: ese será o valor de humidade no aire (seco). -
Humidade da auga:
Mergulla o sensor nun vaso con auga, sen superar a liña de precaución, xa que o sensor non é resistente á inmersión completa e poderían danarse os compoñentes electrónicos.
Unha vez mergullado correctamente, preme o botón A ou B e anota o valor que se amosa na pantalla: ese será o valor de humidade máxima (auga).
-
ImaxeImaxe propia. Rango calibración do sensor. ImaxeImaxe propia. Medición da humidade en aire e auga para calibración do sensor. -
- Paso 4
-
-
Importación e configuración do programa de medición
-
Acceso ao contorno de programación MakeCode
Accedemos ao contorno web de programación Microsoft MakeCode (non é preciso iniciar sesión) para introducir os valores de humidade do aire e da auga obtidos no paso anterior. -
Importación do programa de medición
Na plataforma, preme no botón “Importar” e, a continuación, selecciona o arquivo do programa de medición da humidade:M81_programa.hex
.
O programa cargarase no editor e poderás visualizar os bloques correspondentes á lectura do sensor e á representación dos datos na pantalla da micro:bit.
ImaxeImaxe propia. Cargar programa no entorno de programación. -
- Paso 5
-
-
Introdución dos valores de calibración
Introducimos os valores de humidade do aire (na variable
AirValue
) e da humidade da auga (na variableWaterValue
), medidos no apartado anterior.
Estes valores permitirán calibrar o sensor, de maneira que o programa poida interpretar correctamente as medicións de humidade do chan, establecendo o rango entre o solo seco (aire) e o solo húmido (auga).
ImaxeImaxe propia. Introducir valores de humidade do aire e da auga. -
Gardar e descargar o proxecto
Unha vez introducidos todos os valores e comprobado o funcionamento do programa:
-
Gardar o proxecto
Preme no botón “Gardar” para conservar o proxecto no contorno de programación MakeCode. -
Descargar o arquivo
A continuación, preme no botón “Descargar” para obter o ficheiro.hex
que contén o programa.
Este arquivo poderá cargarse posteriormente na placa BBC micro:bit para executar o sistema de medición de humidade.
Imaxe -
- Paso 6
-
-
Carga do programa na placa BBC micro:bit
Coa placa BBC micro:bit conectada ao ordenador mediante o cable USB, copia o ficheiro descargado
microbit-Medidor-humidade.hex
na unidade correspondente á placa BBC micro:bit (que aparece no explorador de ficheiros como se fose un dispositivo de memoria externa).Unha vez rematada a copia, a placa executará automaticamente o programa, activando o sistema de medición da humidade do chan.
-
- Paso 7
-
-
Proba e interpretación dos resultados
Para comprobar o funcionamento do sistema, introduce o sensor de humidade na terra da maceta, sen superar a profundidade recomendada polo fabricante, para evitar danar o dispositivo.
-
Comprobación da necesidade de rego
Preme o botón B da placa BBC micro:bit:-
Se na pantalla aparece o texto “REGAR”, significa que a terra está seca e é preciso regar a planta.
-
Se na pantalla aparece o texto “X”, a terra está húmida e non é necesario regar.
-
-
Visualización do valor de humidade
Se desexas coñecer o valor numérico da humidade da terra, preme o botón A: o valor aparecerá na pantalla da placa BBC micro:bit.
-
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Non é preciso que o alumnado inicie sesión para empregar o entorno de desenvolvemento Microsoft MakeCode.
No punto 1, comentar a filosofía do microcontrolador BBC micro:bit
O proxecto BBC micro:bit cre que a habilidade para entender, participar e traballar no mundo dixital é vital para as oportunidades de vida dun xove. A BBC micro:bit está deseñada para entusiasmar e atraer unha ampla gama de xoves, incluídos aqueles que pensaban que a tecnoloxía non era para eles.
Ao inspirar máis mozos e mozas a aprender habilidades dixitais, aspiramos a diversificar o alumnado que elixe materias STEM ao longo da súa formación e nas súas carreiras profesionais. Isto, á súa vez, crea un abano de talento diverso, fomentando a equidade social e contribuíndo á creación de mellor tecnoloxía.
É un proxecto de código aberto, o que significa que os recursos creados poden ser inspeccionados, modificados e mellorados por calquera persoa.
Podemos realizar a seguinte actividade:
Investigar co alumnado as características de hardware da placa BBC micro:bit e o seu funcionamento básico, empregando a páxina:
https://microbit.org/es-es/get-started/features/overview/
No punto 3, comentar ao alumnado o funcionamento do programa de medición da humidade co sensor de humidade do solo
O primeiro que temos que facer é medir a humidade do aire e a humidade da auga. Para iso, cargamos na placa BBC micro:bit o programa de calibración do sensor.
Unha vez cargado o programa, suxeitamos coa man o sensor de humidade e prememos o botón A ou B da placa. Anotamos o valor que mostra a pantalla da micro:bit como valor da humidade do aire.
Despois, collemos un vaso con auga e mergullamos o sensor sen sobrepasar a liña de seguridade. Prememos o botón A ou B da placa e anotamos o valor que mostra a pantalla como valor da humidade da auga.
A medición da humidade do solo vese afectada pola profundidade de inserción do sensor e polo compactado da terra arredor del. Consideramos o valor da humidade do aire como solo seco e o valor da humidade da auga como solo empapado. Este é o rango de detección do sensor.
Por exemplo:
-
Valor humidade do aire = 520
-
Valor humidade da auga = 260
O rango dividirase en tres seccións:
-
Seco: (520 - 430]
-
Húmido: (430 - 350]
-
Moi húmido: (350 - 260]
O programa de medición de humidade indicará que é preciso regar se a medición da humidade do solo está no rango de seco.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |