Ciencia ou esconxuro?
Competencias
Estratexias

 

Nesta experiencia exploraremos a beleza da ciencia. A partir dun globo de auga conxelada, aprenderemos sobre a química da auga e os cambios de estado.

Imaxe
M33_Imx1
Imaxe de reacción química, experimentar e matraz de Clker-Free-Vector-Images en  Pixabay

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

Mans á obra

Paso 1
  • Colocamos o noso modelo de volcán no centro dunha bandexa. Se o volcán está feito de plastilina o mellor é colocar o vaso de plástico ou o recipiente que teñamos no centro do volcán.

     Paso 2
    • Botamos o vinagre ata a metade do recipiente.
    • Engadimos o colorante alimentario e mesturamos coa axuda dunha culler ou outro instrumento.
    Paso 3
    • O último paso é engadir o bicarbonato utilizando a culler. No momento que o bicarbonato entre en contacto co vinagre producirase a reacción e, polo tanto, a nosa erupción volcánica. Canto máis bicarbonato engadamos, máis forza terá a nosa erupción.

     


     

    Tips docentes

    Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

      A construcción dun volcán en impresión 3D podes atopala aquí.

     Aínda que non é obrigatorio empregar a bandexa, é recomendable para non manchar.

     Unha vez presentada a experiencia, o alumnado pode  facer distintas simulacións da erupción empregando distintas cantidades para comprobar as diferenzas e recoller os datos nunha táboa.

     Para o Samaín ou Halloween podemos empregar este experimento para inventar esconxuros empregando elementos distintos como azucre, ácido cítrico, Mentos, bebidas carbonatadas, aspirinas...

     

    A túa clase nun clic

    Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

    Imaxe
    4
    Imaxe
    cast