Cómo se abren e se pechan as piñas
Competencias
Palabras Clave

 

Nesta experiencia exploraremos a sabedoría da ciencia na natureza empregando piñas.

Imaxe
M57.1
Imaxe feita con IA de CanvaPiñas piñeiro (CC BY-SA)

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

 

  • Botamos auga nun bote grande e transparente.
  • Introducimos na auga unhas piñas abertas.
Imaxe
M57.2
 Paso 2

 

  • Observamos o que acontece coas piñas.
Imaxe
M57.3
    Paso 3
    Imaxe
    M57.4

     

    Imaxe
    M57.5
    Paso 4

     

    • Retiramos as piñas da auga.
    • Secámolas cun secador.
    • Observamos o que acontece despois de secalas.
    Imaxe
    M57.6

    Tips docentes

    Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

    • O primeiro que faremos será amosarlle ao alumnado o que acontece cando as piñas se mollan e explicarlles o motivo deste comportamento natural. Posteriormente, poderán deixalas secar ao aire, no caso de non teren présa por ver de novo o cambio. Porén, ao tratarse dunha microsecuencia que se realizará nunha única sesión, será necesario acelerar a segunda parte do experimento. Para iso, aplicaremos calor ás piñas para que se volvan pechar ao secarse. Empregaremos un secador de cabelo, co que o alumnado deberá ter coidado para evitar posibles queimaduras.
    • Con esta experiencia, podemos animar o alumnado a reflexionar sobre outros exemplos de cambios naturais que coñezan.
    • É aconsellable utilizar un frasco de vidro de gran tamaño para observar a transformación das piñas desde diferentes ángulos. Se non se dispón dun frasco dese tamaño, pódese utilizar outro máis pequeno ou mesmo unha caixa de plástico, preferiblemente transparente.

    A túa clase nun clic

    Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

    Imaxe
    4
    Imaxe
    cast