Coñece os planetas interactivos con Makey Makey
Competencias
Estratexias

 

Nesta experiencia coñeceremos os diferentes planetas do Sistema Solar, e levaremos a cabo un achegamento teórico/práctico aos mesmos. Iniciarémonos no tema do Universo e a través do Makey Makey teremos un panel informativo que nos axude a entender mellor o mundo no que vivimos.

Imaxe
M66_Imx01

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1
  • Accede a Scratch dende o ordenador. No bloque de extensións, engade a extensión MakeyMakey.
     Paso 2
    • Selecciona os bloques “ao premer... “frecha arriba”, “frecha abaixo”, “frecha esquerda”, “frecha dereita”, “espazo”, “w”, “a”, “s”. Tantos bloques, como planetas do Sistema Solar.
      Paso 3
      • Vai ao bloque de sons, e selecciona a opción de gravar. Grava un audio con información sobre cada planeta. Logo ponlle o nome do planeta correspondente e sitúao debaixo de cadansúa frecha, espazo ou letra do apartado 2. 
        Imaxe
        M66_Imx02
      Paso 4
      • Conecta a placa Makey Makey co ordenador a través da entrada USB do PC.
      Paso 5
      • Conecta os cables crocodilo cos elementos da placa que figuran no apartado 2. Para a parte posterior da placa, na que figuran as letras “w”, “a”, “s”, precisarás cables coa punta pelada que conecten a placa co cable crocodilo correspondente.

       

      Paso 6
      • Deseña o debuxo dos planetas nun papel e pégao nun cartón. Logo insire no mesmo os elementos condutores, por exemplo, un encadernador, a carón de cada planeta.
       
      Paso 7
      • Conecta os cables crocodilo cos audios correspondentes co elemento condutor asociado ao planeta correspondente.
      Paso 8
      • Emprega o cable de terra (un cable crocodilo conectado na parte inferior da placa “Earth” e que podes suxeitar a parte metálica do extremo do cable que non está conectado coa man para pechar o circuíto e comprobar que todo funciona). Cando toque un encadernador reproducirá o audio correspondente.

         

         


         

        Tips docentes

        Os tips docentes son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada. 

         Para traballar en Scratch pódeno facer dende o navegador ou en equipamento Edixgal accedendo dende o menú de aplicativos – programación -Scratux.

         Pódese crear unha conta de profe e acceder mediante código o alumnado. Os seus proxectos estarían accesibles dende a nosa conta de mestres.

         Poden usar Scratch sen rexistrarse. Unha vez rematado o proxecto, na opción ficheiro, gárdano ordenador. Para acceder de novo a el, entran en Scratch, volven á opción ficheiro e ábreno dende o ordenador.

         Para conectar terra é práctico que fagan unha pulseira con papel de aluminio e que conecten a placa ao mesmo a través do cable crocodrilo conectado a “terra”, sen necesidade de suxeitalo directamente coa man.

         Outra opción/variante da proposta sería que en vez de gravar información, graven preguntas asociadas a cada planeta e que outros grupos deban responder e tratar de acertar.

         

        A túa clase nun clic

        Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

        Imaxe
        4
        Imaxe
        cast