Construíndo e comprendendo a estructura do ADN
Palabras Clave

 

A presente microsecuencia forma parte dunha das actividades do proxecto “Manipulando a Bioloxía Celular e Molecular”, desenvolvido no marco dunha licenza de formación para a elaboración de materiais en estadías de experimentación e creación no CIEDix, concedida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/2025.

Unha cousa é aprender que é o ADN e outra moi distinta é velo representado e manipulalo coas túas propias mans.
Nesta microsecuencia traballamos co Kit de Nucleótidos I, creado mediante cortadora láser (descrita no manual “Manipulando a Bioloxía Molecular e Celular”), para construír secuencias de ADN, comprender a complementariedade das bases e o sentido de lectura 3'/5'.
A actividade complementa o ODE H5P “Descifrando o ADN I” e forma parte da serie didáctica sobre bioloxía molecular.

Imaxe
BN I

 

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

Mans á obra

Paso 1

 

Introdución

O recurso “Manipulando a Xenética Molecular” é un libro interactivo H5P deseñado para que o alumnado explore, de maneira guiada e visual, a estrutura e función do ADN. Combina lecturas breves, imaxes, animacións e exercicios prácticos que favorecen a comprensión do concepto de xenética molecular. Está estruturado en catro capítulos progresivos e unha sección final de peche e autoavaliación.

 

Itinerario de aprendizaxe 

Fase previa: revisión do índice e activación de coñecementos mediante unha táboa K-W-L e repaso do vocabulario básico (ADN, ARN, nucleótido).

Capítulo 1: repaso de ideas previas e formulación de preguntas.

Capítulo 2: comparación entre ADN e ARN e as súas funcións.

Capítulo 3: análise da estrutura do nucleótido e das súas ligazóns.

Capítulo 4: estudo da dobre hélice e da regra de Chargaff.

 

Paso seguinte

Na actividade que atoparás a continuación, poderás aplicar todo o aprendido a través de exercicios interactivos que che axudarán a consolidar os teus coñecementos sobre o ADN e o seu papel fundamental na bioloxía molecular.

 

 

     Paso 2

     

     

     

    Tips docentes

    Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

    • Actividade ideal para traballo cooperativo en parellas ou grupos pequenos.

    • Favorece a aprendizaxe activa e por descubrimento, potenciando a colaboración e a manipulación didáctica.

    • Pode integrarse facilmente en Moodle como SCORM para o seguimento individualizado.

    • Recoméndase iniciar co H5P “Descifrando o ADN I” e rematar cunha posta en común colectiva.

    • É unha boa ocasión para reforzar o vocabulario científico (ADN, bases, nucleótido, dobre hélice, complementariedade).

    • Permite conexión interdisciplinar con Química (enlaces e grupos fosfato) e Tecnoloxía (uso da cortadora láser e recursos dixitais).

    • Pódese incorporar a visualización tridimensional de modelos dixitais ou físicos do ADN.

     

    Material compartido