Control da capacidade máxima de persoas
Competencias
Habilidades
Estratexias

 

Como controlar a capacidade máxima de persoas dun determinado espazo de xeito manual, económico e sinxelo? Nesta microsecuencia empregaremos unha placa Microbit para controlar a capacidade máxima de persoas que pode acoller un determinado espazo de xeito doado e a través da plataforma Makecode.

Imaxe
M21 Imx1

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1
  • Valorar elementos da contorna que nos facilitan o noso día a día (sensores de presenza en dependencias, de ultrasóns para percibir distancias)... e ver a posibilidade da Microbit para crear proxectos STEAM.
     Paso 2
    • Propoñer o reto de crear un controlador manual de capacidade máxima de persoas programando a placa en Makecode mediante bloques.
      Paso 3
      • Valorar e precisar as variables necesarias e levar a cabo a programación.
      • Neste caso, cada vez que pulsan o botón A, unha persoa entra no espazo, e cada vez que pulsan B, unha persoa sae del. Ao chegar a 5 persoas, soa a música que indica que se acadou a capacidade máxima do espazo. Tan pronto baixe de novo o número de persoas a música deixa de soar.
      Imaxe
      M21 Imx02
      Paso 4
      • Cargar o programa na placa e comprobar que funciona.
      Imaxe
      M21 Imx03
      Paso 5
      • Existe a posibilidade de crear unha maqueta ou empregala nalgún espazo en concreto do propio centro.

       

       

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

       É necesario ter certas habilidades de programación mediante bloques (neste caso créanse tres variables: total dentro, dentro e fóra).

      Poderíase crear unha maqueta real e interactuar nesa maqueta. De ser dunha vivenda poderiamos incluír outros pequenos proxectos de domótica.

      Se se conecta por radio cunha segunda microbit poderiamos saber a distancia o número de persoas que hai no espazo. Por exemplo, poderiamos ter a Microbit de control de capacidade máxima no baño e a do número de persoas usuarias na aula para poder ver o número de persoas que hai no baño sen necesidade de estar no espazo no que se mide. 

       Esa segunda microbit podería mandar un son acústico á da aula cando haxa capacidade no baño para permitir acceder á seguinte persoa.

       

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle. (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast