Ágora dixital
É posible facer soar unha melodía sen instrumentos musicais?
Tocar un instrumento é unha experiencia marabillosa, pero incluso sen instrumentos podemos facer música e acercarnos ao mundo dos sons.
Con esta actividade aprenderás a programar melodías con Scratch e lograrás sorprender en calquera festa de aniversario, facendo soar a melodía con tan só un ordenador. Anímate a probar con diferentes sons de instrumentos, a programar un acompañamento musical con percusión ou con acordes de teclado. Ademais, poderás recrear outras melodías que coñezas e incluso crear as túas propias usando a túa creatividade.

Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
CREAR PROXECTO EN SCRATCH
Para o emprego de Scratch, temos dúas posibilidades. Tanto se empregas a versión online, como se o tes instalado no teu computador, comezarás creando un proxecto novo.
- Paso 2
-
PROGRAMAR A MELODÍA
- Elimina o gato que aparece como obxecto por defecto sempre que iniciamos un nuevo proxecto de Scratch.
- Engade un obxecto novo, facendo clic en “Choose a Sprite”.
ImaxeImaxe propia. Captura de Scratch (CC BY-SA) - Fai clic na opción "Music" e elixe un instrumento, por exemplo, “keyboard”.
ImaxeImaxe propia. Captura de Scratch (CC BY-SA) - Fai clic no símbolo de abaixo á esquerda.
ImaxeImaxe propia. Captura de Scratch (CC BY-SA) - Elixe a extensión de música.
ImaxeImaxe propia. Captura de Scratch (CC BY-SA) - Na pestana “Código”, copia o seguinte programa, localizando os bloques de código nas correspondentes categorías segundo as súas cores:
ImaxeImaxe propia. Captura de Scratch (CC BY-SA) - Paso 3
-
ANALIZAR A MELODÍA
- Presiona sobre a bandeira verde para executar o programa e compara a melodía producida coa linguaxe musical da partitura.
ImaxeImaxe propia. (CC BY-SA) - Como terás notado, o código non fai soar toda a partitura. É a vosa quenda para completar, en parellas, o código da parte que falta. Fixádevos en que a duración que se lle asignou a cada un dos sons, respecta a relación entre as figuras da linguaxe musical.
- Paso 4
-
RETOS PARA QUEN REMATE MÁIS RÁPIDO
- Podes facer un acompañamento de acordes para que soe ao mesmo tempo que a melodía. Fai que todos os acordes soen durante o compás enteiro (tres pulsos), excepto os acordes do penúltimo compás, que duran dous pulsos e un pulso respectivamente. Un apuntamento importante: fíxate que o primeiro acorde comeza no segundo pulso.
ImaxeImaxe propia. (CC BY-SA) - Un dos bloques, "drum", fai soar instrumentos de percusión. Crea un acompañamento para esta melodía.
- Crea o código para outra melodía sinxela que coñezas. Escribe tamén o código para o acompañamento de percusión e acordes.
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Esta práctica pódese levar á aula en calquera nivel da ESO: Pola súa simplicidade na programación, é máis adecuado para 2º de ESO, pero tamén se pode desenvolver en cursos superiores para alumnado con nivel de iniciación á programación.
Para o emprego de Scratch, temos dúas posibilidades:
- Scratch online, para o que se precisa dunha conexión á internet, dispoñible nesta ligazón: https://scratch.mit.edu/
Con esta opción, non se precisará que o alumnado se rexistre. Neste caso, deberán descargar os seus proxectos no computador, para non perdelos. Sempre se poderán reeditar, cargándoos desde o computador despois de ser gardados.
- Versión instalable, que se pode descargar desde esta ligazón: https://scratch.mit.edu/download
Con esta opción, tamén se deben gardar os proxectos antes de pechar a aplicación. Sempre poderán editarse posteriormente.
Para realizar esta microsecuencia non é preciso ter traballado anteriormente con Scratch nin con outras aplicacións de programación por bloques. Basta con familiarizarse co contorno de Scratch 3.0, para poder localizar os diferentes elementos que se inclúen nesta práctica. Na internet existen numerosos titoriais que poden servir de axuda para iniciarse por primeira vez co programa. Velaquí dous exemplos:
- https://cursosclautic.com/tutorial/como-funciona-scratch/
- https://juegosrobotica.es/cursos/iniciacion-a-scratch-3-0/1-presentacio…
Esta práctica pódese replicar para calquera melodía sinxela. Como reto proponse ao alumnado a programación dos acordes. O seguinte programa é un exemplo co cal se consegue dito resultado.

A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |