Laranxa estoupa globos
Competencias
Palabras Clave

 

Con esta experiencia, exploraremos as propiedades moleculares a través dun composto líquido chamado limoneno que está en todos os cítricos, e o seu efecto corrosivo sobre o látex.


 

Imaxe
M10.1
Ballons Selay en Pixabay. Pixabay License

 

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

Mans á obra

Paso 1
  •  Enche os globos de auga e átaos de xeito que queden ben estirados, para que a capa de caucho sexa moi fina. Colócaos nunha bandexa.
Imaxe
M10_im02
     Paso 2
    •  Pela unha laranxa e corta un anaco de monda non demasiado grande (o suficiente para poder agarrala entre o dedo polgar e o índice). 
      Paso 3
      • Achega o anaco de monda aos globos, pero sen chegar a tocalos.
      • Aperta a pel da laranxa, como dobrándoa, e observa como unhas gotiñas de líquido saen disparadas cara aos globos. 
      Imaxe
      M10_im3

      .

       

      Paso 4
      •  Xusto no momento en que o líquido (chamado limoneno) entra en contacto coa goma, causa unha pequena perforación por onde comeza a saír a auga a presión.
      Imaxe
      M10_im 4

       


       

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

        Antes de comezar coa experiencia é bo centrar a atención do alumnado na pel do cítrico, facendo que observen de preto como é, por que ten puntiños por toda a pel... Sacaráselle un anaquiño da pel e daráselle a cada estudante para que o ulan, observen o líquido que solta nos dedos ao apertala, falarase sobre que cren que é e por que o teñen, etc.

       Explicaráselles que todos os cítricos teñen unha especie de bolsiñas na pel que conteñen un líquido chamado limoneno, o cal é unha defensa da planta para protexer os seus froitos ante posibles pragas, xa que os insectos e os parasitos perciben o seu olor como tóxico.

       Antes de realizar o experimento é bo darlle un anaco a cada estudante para que intenten baleirar o líquido apertando a pel. Recomendarémoslle que o poñan de lado para que cando salte o limoneno o poidan ver. 

       Ao realizar o experimento, pódese gravar o momento en que estoupan os globos. Así, posteriormente podemos reproducilo nun ordenador ou pantalla dixital a cámara lenta e ver como sae o limoneno e como ao entrar en contacto co globo, este se abre. 

       Outra opción para observar a propiedade corrosiva do limoneno é darlle ao alumnado un plástico tipo tupperware, liberar o limoneno sobre a superficie e deixar actuar uns minutos. Ao limpalo pódese observar a corrosión e como a superficie se volve rugosa.

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle. (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast