Ágora dixital
A presente microsecuencia forma parte dunha das actividades do proxecto “Manipulando a Bioloxía Celular e Molecular”, desenvolvido no marco dunha licenza de formación para a elaboración de materiais en estadías de experimentación e creación no CIEDix, concedida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/2025.
Unha cousa é aprender que é o ADN e outra moi distinta é velo representado e manipulalo coas túas propias mans.
Nesta microsecuencia traballamos co Kit de Nucleótidos I, creado mediante cortadora láser (descrita no manual “Manipulando a Bioloxía Molecular e Celular”), para construír secuencias de ADN, comprender a complementariedade das bases e o sentido de lectura 3'/5'.
A actividade complementa o ODE H5P “Descifrando o ADN I” e forma parte da serie didáctica sobre bioloxía molecular.

Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
Introdución
O recurso “ O código da vida: descifrando o ADN II” está deseñado para que o alumnado aprofunde na comprensión da estrutura e función do ADN a través dun enfoque visual, interactivo e progresivo.
Itinerario de aprendizaxe
- Capítulo 1, “Repasando o que xa sabemos”, actívanse os coñecementos previos adquiridos na microsecuencia anterior. O alumnado lembra a composición do ADN, os seus compoñentes e o papel das bases nitrogenadas mediante preguntas e tarefas curtas que fomentan a reflexión e conectan aprendizaxes.
- Capítulo 2, “Estrutura do ADN: Observando unha molécula”, céntrase na análise visual da molécula. A través de imaxes, animacións e actividades interactivas, o alumnado identifica as dúas cadeas complementarias, as pontes de hidróxeno e o enrolamento da dobre hélice, comprendendo o seu papel na estabilidade e función da molécula.
- Capítulo 3, “Estrutura do ADN: A dobre hélice”, aprofunda na súa organización tridimensional. Explícase o emparellamento das bases segundo a regra de Chargaff e a importancia das pontes de hidróxeno. As actividades finais permiten consolidar o aprendido mediante síntese e autoavaliación.
Paso seguinte
Na actividade que atoparás a continuación, poderás aplicar todo o aprendido a través de exercicios interactivos que che axudarán a consolidar os teus coñecementos sobre o ADN e o seu papel fundamental na bioloxía molecular.
- Paso 2
-
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
-
Introducir o recurso tras unha breve revisión teórica, situando o alumnado no contexto da bioloxía molecular.
-
Facilitar unha ficha de observación ou diario de aprendizaxe para recoller conclusións durante o uso do H5P.
-
Empregar o recurso como actividade previa a unha práctica de laboratorio (modelo de ADN con material manipulable).
-
Promover a discusión guiada sobre a importancia da estrutura do ADN na transmisión hereditaria.
-
Finalizar cunha autoavaliación reflexiva, reforzando a aprendizaxe competencial e a metacognición.
Material compartido
- Manual de uso. Construíndo o noso propio material cos nosos recursos.
- Bases nitroxenadas (Arquivos SVG)
- Caixa de nucleótidos (Arquivos SVG)
- O código da vida. Descifrando o ADN II (Arquivo H5P galego)
- El código de la vida. Descifrando el ADN II (Archivo h5P castellano)