O efecto Coanda e a Fórmula1
Competencias
Palabras Clave

 

Por que os coches de Fórmula 1 teñen un deseño tan diferente ao dun coche normal? É só para que resulten máis atractivos á vista? Trátase simplemente de cuestións de deseño?

Os monoprazas caracterízanse por teren unha carrocería chea de curvas e aleróns. Isto débese a que, aproveitando o chamado efecto Coandă, canalizan a maior cantidade posible de aire cara ao fondo do coche ou cara aos aleróns, o que lles permite aumentar o agarre á pista. Sen este efecto, sairían voando debido á súa gran velocidade.

Imos entender mellor este concepto cun experimento sinxelo.

Imaxe
M64 Imx1

Coche de carreiras F1, Kalhh . PixabayPixabay license

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1
  • Para facer este sinxelo experimento, só precisaremos meter a lata de refresco baleira dentro da cunca.

Imaxe
M64 Imx2
 Cunca e lata de refresco. Yolanda Neira Gómez. (CC BY-SA)
Paso 2
  • Logo, só temos que soprar sobre a cunca e a lata sairá voando. Podemos velo neste vídeo.
Paso 3
  • Como podemos comprobar, o aire circula ao redor da lata e acumúlase na parte inferior da cunca. Ao aumentar a presión debaixo da lata, esta elévase.

 

Tips docentes

Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de maneira adecuada.

INTRODUCIÓN TEÓRICA 

Foi no século XVII cando o físico Isaac Newton formulou o principio de acción-reacción, que explica que cando un sólido impacta contra outro, este desvía a súa traxectoria. Pódese comprobar neste pequeno vídeo que gravamos no laboratorio do colexio.

 Sólido contra sólido. Yolanda Neira Gómez. (CC BY-SA)

No século XIX, o inventor Henry Marie Coandă expuxo que, ao contrario do que fan os corpos sólidos, os fluídos, ao chocar cun sólido, crean un efecto semellante ao dun imán. Adhírense á superficie dese sólido e seguen a súa traxectoria, como podemos comprobar no vídeo que acompaña este texto. Este fenómeno foi bautizado como "efecto Coandă" en honra do seu descubridor

 Líquido contra sólido. Yolanda Neira Gómez. (CC BY-SA)

OUTRAS IDEAS 

Outro experimento que podemos realizar para explicar o efecto Coandă é apagar unha candea usando un obxecto cilíndrico. Para isto, necesitaredes os seguintes materiais:

  • Un libro
  • Unha candea
  • Unha xerra
  • Un chisqueiro

Neste vídeo podedes ver o desenvolvemento do experimento, onde se demostra, unha vez máis, o principio do efecto Coandă: un fluído, neste caso o aire, ao chocar cun sólido, segue a súa traxectoria. Ao ser desviado pola forma circular do obxecto, consegue apagar a candea.

 Apagar unha candea. Yolanda Neira Gómez. (CC BY-SA)

Aquí tedes outro vídeo sobre o efecto Coandă, como recurso adicional para a actividade, con varios experimentos que explican este fenómeno.

 A túa clase nun clic

Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

Imaxe
4
Imaxe
cast