O ovo embotellado
Competencias
Habilidades

 

 Nesta experiencia descubriremos os efectos da presión atmosférica e da combustión do lume. Observaremos como ao cocer un ovo, este cambia a súa forma e estrutura, volvéndose máis flexible. 

Imaxe
M09-imax1

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

 

 

Mans á obra

Paso 1
  •  Coce un ovo durante doce minutos aproximadamente.
 Paso 2
  • Sácalle a casca con coidado de non rompelo. 
    Paso 3
    • Acende os dous mistos (con axuda dunha persoa adulta) e méteos rapidamente na botella, intentando que non se apaguen.
    Imaxe
    M09_imax2

    .

     

    Paso 4
    • Coloca o ovo enriba do bico da botella, coidando que non quede ningún oquiño.
    Paso 5
    • Observa como inmediatamente a chama dos mistos se apaga pola falta de osíxeno e comeza a desprender fume e outros gases.
    Imaxe
    M09_imax3

     

    Paso 6
    • Observa como o ovo comeza a moverse e introducirse suavemente na botella.
    Imaxe
    M09_imax4
     
    Paso 7
    •  Neste momento as presións entran en xogo. Ao consumirse o osíxeno, diminúe a presión do interior da botella. 
    • A presión atmosférica de fóra é maior e puxa do ovo cara a dentro para intentar nivelar as presións.
    • Fíxate no ovo. Grazas a súa estrutura flexible, adquirida durante a cocción, modifica a súa forma e entra facilmente na botella sen romper.

       

       


       

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

       

       Tips de preparación :

      • Con respecto aos materiais, hai que ter en conta que a botella ou bote ten que ser de cristal, algo grande para conter bastante osíxeno, pero co bico estreito, non máis grande que o diámetro dun ovo. 
      •  Antes de comezar o experimento, comproba que o ovo encaixa ben no bico da botella e non deixa ocos.
      •  É mellor empregar mistos. A chama dunha candea consome máis rápido o osíxeno e ás veces non dá tempo a poñer o ovo enriba.

       

       Tips para o momento do experimento: 

      • Preguntaremos ao alumando se dentro da botella hai aire. Reflexionaremos sobre a idea de que o aire está en todas partes. Non se pode ver, pero está. Incluso podemos facer unha proba para demostralo. Collemos unha botella de plástico e unha boliña de papel de aluminio. Colocamos a botella en horizontal e a bóla no bico da botella. Sopramos para meter a bóla dentro da botella e observamos como sempre cae para fóra. Deste xeito facémoslle ver ao alumnado que ao soprar, metemos aire na botella e como non ten máis sitio, o aire que está dentro empuxa a bóla cara a fóra. 
      •  Posteriormente, explicarémoslle que o lume soamente prende se hai osíxeno e cando se esgota, apágase. Prendemos un misto e observaremos como arde. Colocamos o misto nun prato, tapámolo e vemos como se apaga, centrando a atención do alumnado para que reflicta en que se apaga porque consumiu o osíxeno.   
      •  Antes de realizar o experimento tamén observamos o ovo, tocámolo suavemente para ver como ao cocelo modifica a súa estrutura e se volve compacto e gomoso.
      •  Comezamos o experimento. Ao poñer o ovo enriba do bico da botella centramos a atención dos nenos e nenas para que observen como se escorrega lenta e suavemente polo bico ata que entra na botella, explicándolle o efecto da presión atmosférica.  
      • Probamos a darlle a volta á botella para comprobar se se dá sacado o ovo, incluso intentámolo sacar cos dedos, e veremos que non somos capaces.        

       

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle. (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast