O poder antioxidante da vitamina C
Competencias

 

Nesta experiencia exploraremos o poder desoxidante da vitamina C ou ácido ascórbico, empregando unha solución iodada como o Betadine. Observaremos como cando a vitamina C entra en contacto co iodo se produce unha reacción química.

Imaxe
M15.imx3

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1
  • Colle os dous vasos e éncheos con auga a 1/3 da súa medida. Espreme a metade do limón e engádello á auga dun vaso. No outro, engade unhas 20 pingas de iodo e observa como se tingue a auga. Canto máis iodo se bote, máis escurece a auga.
     Paso 2
    • Coloca un pincel en cada vaso e colle a cartolina.
    Imaxe
    M15.imx1
      Paso 3
      •  Molla o pincel na solución iodada e pinta toda a cartolina.
      Imaxe
      M15_Imx2

       

      Paso 4
      •  Posteriormente molla o outro pincel na solución da auga con limón. Con moito coidado pasa o pincel por riba do papel coa solución iodada e observa como se produce a reacción química comezando a desaparecer o color azulado do papel.

         

        Tips docentes

        Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

             Antes de comezar coa experiencia explicaremos que a vitamina C ou ácido ascórbico dos cítricos é moi importante para o noso organismo, xa que contribúe ao seu desenvolvemento e crecemento, axudando a que as células se manteñan sas e retrasa o envellecemento.

          No paso 3, antes de pintar o papel, preguntaremos ao alumnado de que cor cren que se vai poñer ao pasarlle a solución por riba. Fixamos a súa atención na coloración que vai adquirindo, observando que é azulado en vez da cor do líquido (isto ocorre pola interacción da luz). O iodo contén unha substancia oxidante, e esta reacción simula o envellecemento das células do noso organismo. 

          No paso 4, antes de pasar o pincel, preguntaremos que cren que ocorrerá ao pasar a solución de auga e limón por riba da solución de iodo. Centraremos a atención do alumnado en observar como ao pasar o pincel, a coloración azulada vai desaparecendo. Iso significa que a vitamina C do limón contrarresta a oxidación, o mesmo que fai no noso organismo. Neste momento é no que se produce unha reacción de oxidacción-reacción.

         

        A túa clase nun clic

        Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

        Imaxe
        4
        Imaxe
        cast