Ágora dixital
Onde vai a masa cando se vai?
Palabras Clave
Habilidades
Estratexias
Autoría
Nesta microsecuencia indagaremos sobre para onde vai a masa cando desaparece. Para iso, observaremos tres fenómenos:
- Combustión de nitrocelulosa.
- Combustión de la de aceiro.
- Combustión dunha cinta de magnesio.
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
Para levar a cabo as tres experiencias seguiranse os seguintes pasos:
- Paso 1
-
Combustión do papel de nitrocelulosa:
- Colle na man un pouco de papel de nitrocelulosa.
- Préndelle lume cun chisqueiro e faino desaparecer.
- Compárao coa desaparición dun algodón normal.
- Paso 2
-
Combustión da la de aceiro:
- Comeza medindo a masa da la de aceiro que se combustionará. Para iso, coloca un prato de aluminio sobre a balanza e tárao.
- A continuación, pon enriba a la de aceiro e anota a masa.
- Acto seguido, préndelle lume co chisqueiro.
- Finalmente, anota e resta a masa para obter a masa de osíxeno depositada.
Imaxe - Paso 3
-
Combustión dunha cinta de magnesio:
- Suxeita un anaco dunha cinta de magnesio.
- Préndelle lume á punta cun chisqueiro.
- Reflexiona sobre que acontece coa masa.
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
O papel de nitrocelulosa pódelo conseguir en tendas de maxia especializadas.
Ao queimar a la de aceiro, a masa pode diminuír ao principio un pouco debido ao empuxe sufrido polo aire quente.
Coidado cos ollos ao queimar a cinta de magnesio, xa que esta desprende moita luz e pode facer dano.
Para a queima da la de aceiro, cumpriría utilizar unha balanza que proporcione como mínimo dous decimais.
este documento e esta ligazón.
A lei de conservación da masa, coñecida como Lei de Lavoisier, dá moitísimo pé para falar de Marie-Anne Pierrette Paulze. Ela pasou á historia coñecida como Marie Lavoisier. Aínda que colaborou conxuntamente co seu marido, Antoine Lavoisier, non obtivo recoñecemento. Sirvan como fonte de información
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle. (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|