Os segredos do xeo e o aumento do nivel do mar
Competencias
Palabras Clave

 

Nesta experiencia estudaremos unha das propiedades máis características da auga, como é o feito de que aumenta de volume ao conxelar, e aplicarémolo ao entendemento do incremento do nivel do mar a causa do quecemento global.

Imaxe
M60 Imx01

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

 

Inicialmente, estudarase que lle ocorre á auga ó conxelar. Para iso:

  • Énchese por completo o recipiente de plástico con auga da billa (tamén se pode empregar auga mineral) e péchase.
  • Introdúcese no conxelador durante 12 horas (a poder ser, no interior dunha bandexa de plástico).
  • Pasado ese tempo, retírase do conxelador e obsérvase o resultado.
     Paso 2

     

    Posteriormente, estudarase que ocorre cando se derrete o xeo continental e o xeo oceánico por mor do quecemento global. Para iso:

    • Énchese de auga a bandexa de xeo e introdúcese no conxelador.
      Paso 3

       

      • Colócase un pouco de plastilina nun extremo do recipiente de vidro (tamén pode ser de plástico, sempre que sexa transparente), simulando un litoral. Ha de quedar de xeito semellante a como se amosa na imaxe:
      Imaxe
      M60 Imx02
      Paso 4

       

      • Engádese auga ata un certo nivel, e márcase cun rotulador ou cun papel.
      • A continuación, colócanse sobre a plastilina tres pedras de xeo, tápase o recipiente (pódese empregar unha tapa ou papel film) e déixase en repouso ata que remate de fundir o xeo.
      • Rexístrase o nivel da auga.
      Imaxe
      M60 Imx03

       

      Imaxe
      M60 Imx04
      Paso 5

       

      • Repítese o proceso, pero, neste caso, as pedras de xeo colócanse directamente na auga, non sobre a plastilina.
      Imaxe
      M60 Imx05
      Paso 6

       

      • Analízanse os resultados obtidos

        Tips docentes

        CONSELLOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS

        Neste experimento, teranse en conta os seguintes puntos:

        a) Para demostrar, inicialmente, que a auga aumenta de volume ao conxelar, deberemos de utilizar un bote de vidro ou, no seu caso, de plástico. De empregar un bote de plástico, terá que ser relativamente duro para que as paredes do bote non cedan e o efecto sexa máis visual.

        b) Neste punto (punto 2 do apartado 'Mans á obra'), poderémoslle pedir ao alumnado que intente anticipar o resultado do experimento. Poderemos guiar a actividade lanzando cuestións como as seguintes: por que o xeo flota na auga? Que ten isto que ver coa densidade? Por que o xeo é menos denso que a auga? Ocupará máis espazo 1 kg de xeo ou 1 kg de auga líquida?

        c) No punto 5 e no punto 6, poderemos pedirlle ao alumnado que elabore unha hipótese do que ocorrerá co nivel da auga. Subirá ou permanecerá constante?

        d) Se a plastilina pasa moito tempo en contacto coa auga, rematará por languidecer, deslucindo os resultados do experimento.

        e) O recipiente tápase para que non se perda auga por evaporación, facendo, así, que o nivel inicial e final, no punto 6, coincida exactamente.

        ANÁLISE DOS RESULTADOS OBTIDOS

        Se o experimento se realiza correctamente, observarase o seguinte:

        a) O frasco cheo de auga e almacenado no conxelador estoupa ou rompe debido ao incremento de tamaño do xeo con respecto á auga. É aconsellable introducir o bote cheo de auga no interior dunha bandexa, a fin de facilitar a limpeza posterior, en caso de rotura.

        Imaxe
        M60 Imx07

         

        b) Ao derreterse o xeo incrustado na plastilina (punto 5), o nivel da auga aumenta. Isto débese a que estamos engadindo máis auga á que inicialmente medimos. É o que ocorre cando se derreten grandes masas de xeo continental, que son as que provocan o incremento do nivel do mar a consecuencia do quecemento global.

        Imaxe
        M60 Imx08

         

        c) Cando se derrete o xeo que colocamos flotando directamente sobre a auga (punto 6), o nivel da auga non se incrementa, e, pola contra, permanece constante. Isto débese a que todo o volume que ocupa o xeo coincide, exactamente, co volume de auga líquida obtida cando o xeo se derrete por completo.

        [INSERTAR IMX09]

         

        A túa clase nun clic

        Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

        Imaxe
        4
        Imaxe
        cast