Pasas nadadoras
Competencias
Estratexias

 

Nesta experiencia exploraremos o principio de flotación e a densidade dalgúns alimentos como é o caso das pasas. 

Imaxe
M76 Imaxe01
Imaxe propia. Burbullas pegadas nas pasas (CCO)
​​​​​​

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

  • Analizamos o que ocorreu e comparámolo coas hipóteses anotadas.
Paso 1
  • Enchemos un dos vasos con auga, deixando un dedo de espazo sen ela. 
     Paso 2
    • Collemos unhas poucas pasas na man, e antes de engadilas ao vaso preguntaremos ao alumnado que cren que vai pasar ao botalas dentro da auga.
      Paso 3
      • Iremos anotando as hipóteses que van elaborando, para poder contrastalas posteriormente.
      Paso 4
      • Botamos as pasas unha a unha no vaso, e observamos como todas se precipitan pola súa densidade ao fondo.
      Paso 5
      • Analizamos si as hipóteses elaboradas foron acertadas.
      Paso 6
      • Collemos o outro vaso e colocámolo ao lado do que xa empregamos.
      Paso 7
      • Botamos coidadosamente a gasosa, deixando de marxe un dedo.
      Paso 8
      • Volvemos a preguntarlle ao alumnado que cren que vai a pasar desta vez, e anotamos as hipóteses que van xurdindo.
      Paso 9
      • Collemos as pasas e ímolas botando de unha en unha, centrando a atención no que lles ocorre. Unha capa de burbullas recúbreas e comezan a subir e baixar ao longo do vaso. 
      Paso 10
      • Analizamos o que ocorreu e comparámolo coas hipóteses anotadas.
      Imaxe
      M76 Imaxe02
      Imaxe propia. Vasos con distinto líquido (CCO)

        Tips docentes

        Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

         Esta experiencia podería realizarse soamente cun vaso e cunha bebida con gas, pero empregar un vaso con auga axúdanos a explicar mellor o concepto de densidade, demostrando que as pasas se funden porque son máis densas que a auga.

         As pasas é preferible que sexan pequenas, deste xeito é mais visual a "danza" que efectúan. Aínda que se pode probar a ver a diferencia de movementos entre as pasas grandes e as pequenas, sendo máis lento o movemento das pasas grandes, porque a súa densidade é maior. 

         No paso dous, para incitar á reflexión podemos facer as seguintes preguntas:

        • Que credes que pasará ao botar as pasas no vaso de auga?
        • Flotarán ou fundiranse?
        • Haberá diferencia si as botamos todas xuntas a botalas unha a unha?

         No paso 8 podemos facerlle as seguintes preguntas:

        • Que credes que pasará ao botar as pasas no vaso con gasosa?
        • Haberá diferencia si as botamos todas xuntas a botalas unha a unha?
        • As burbullas da gasosa afectaralle en algo ás pasas?

         No punto 9 centraremos a atención do alumnado no que ocorre. Despois de deixalos observar un rato faremos as seguintes preguntas:

        • Por que credes que neste caso as pasas suben e baixan polo vaso?
        • Cambiou a densidade das pasas?
        • Que será o que fai subir ás pasas?
        • Por que ao chegar arriba as pasas volven baixar?  

         Ao rematar de facerlle as preguntas faremos un resumo entre todos, chegando á conclusión de que aínda que as pasas sexan máis densas que o refresco, o gas que este contén pégase á pel rugosa das pasas e fainas ascender polo vaso. Ao chegar á superficie, as burbullas rebentan, liberando o gas que conteñen e facendo perder a capacidade de flotar das pasas, que volven caer ao fondo do vaso. Este proceso continúa ata que a maior parte do gas foi liberado.

         

        A túa clase nun clic

        Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

        Imaxe
        4
        Imaxe
        cast