Ágora dixital
Poesía visual e sonora
Palabras Clave
Habilidades
Estratexias
Autoría
Nesta microsecuencia creamos poesía e axudámonos da placa Makey Makey para facela sonora. Empregamos Scratch como medio ou instrumento e debuxos para facela visual.
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe
Mans á obra
- Paso 1
-
- Despois de ver exemplos de poesías e a súa estrutura, o alumnado debe desenvolver a súa propia creación empregando a tecnoloxía como medio para poder escoitalas.
- Paso 2
-
- Cada estudante emprega un folio e crea unha estrofa de catro versos sobre a temática proposta, neste caso, animais (mais pode ser libre). Esta estrofa escríbea no centro do folio.
- Poñemos un exemplo para que resulte máis doado.
Imaxe - Paso 3
-
- Para cada verso debemos crear un debuxo a lapis que simbolice ou sintetice o seu contido. Os debuxos irán en cada esquina do folio. Por exemplo, na esquina superior esquerda irá o debuxo do 1º verso, na esquina superior dereita, o do 2º verso, na esquina inferior esquerda, o do 3º verso e na esquina inferior dereita, o do 4º verso.
Imaxe - Paso 4
-
- No ordenador accedemos a Scratch. No apartado "extensións" engadirán a placa Makey Makey e conectarán a placa mediante o cable USB ao ordenador para poder cargar o programa.
- Imos ao apartado de sons que figura no panel lateral de Scratch e gravamos catro sons diferentes (un para cada verso).
- Paso 5
-
- Logo, colocamos os catro cables de pinza de crocodilo desde as 4 frechas da placa a cadanseu debuxo do folio. Ademais, colocamos outro cable desde ground (terra) a un elemento condutor que pode confeccionar o propio alumnado (coma un brazalete con papel de aluminio) e que permitirá pechar o circuíto e que o son se reproduza.
- Paso 6
-
Na programación faremos coincidir a frecha escollida co son correspondente (ao premer a tecla frecha arriba – reproducir son até rematar).
- Paso 7
-
- Unha vez realizado, pódense ler as poesías, escoitalas tocando o grafito do lapis dos debuxos verso a verso (debuxo a debuxo) ou desfrutalas véndoas a través dos propios debuxos
-
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
É interesante afondar no concepto de terra e analizar que pasa se non usamos ese cable e o porqué. Para que o circuíto estea pechado cómpre usar a toma de terra e conectalo cun elemento condutor (como pode ser o brazalete de aluminio).
- No caso de non facelo estariamos ante un circuíto aberto ou conectado a un elemento non condutor, polo que non funcionaría.
É importante traballar previamente conceptos como a condutividade e tipos de materiais segundo sexan condutores ou illantes.
Ademais do grafito, é práctico probar con outros materiais para que o alumnado experimente, clasifique e saque conclusións sobre cales son condutores e cales non. É útil formular hipóteses con diferentes obxectos e logo experimentar e observar para sacar conclusións.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|