Poliestireno transformado
Competencias
Habilidades

 

Nesta experiencia exploraremos a transformación dun material de uso común, o poliestireno expandido, que atopamos en moitos envases de produtos. Ao poñelo en contacto con outro material, conseguiremos transformalo e reutilizalo.

Imaxe
M55 9
Elaborada con IA Canva. Poliestireno expandido en una cesta (CC BY-SA)

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

 

  • Desfacede a prancha de poliestireno expandido en anacos.
Imaxe
M55.2
     Paso 2

     

    • Botade os anacos nun caldeiro ou nunha bandexa de plástico.
    • Engadide un chorriño de acetona pura sobre o poliestireno.
    Imaxe
    m55.3
      Paso 3

       

      • Observade a transformación
      Imaxe
      M55.4

       

      • Remexede a substancia resultante cun pau de madeira.
      Imaxe
      M55.5
        Paso 4

         

        • Vertede a mestura nos moldes de silicona.
        Imaxe
        M55.6

         

        • Deixade secar durante unhas horas.
        • Que aconteceu?
        Imaxe
        M55.7

          Tips docentes

          Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

          Aínda que non aparece na cesta de materiais, sería aconsellable traballar con luvas e máscara.

          Con esta experiencia explicaremos como actúan certas substancias ao entrar en contacto con outras, neste caso, o poliestireno expandido coa acetona.

          A acetona (que debe ser pura) funciona como un disolvente polar. Isto significa que as súas moléculas teñen unha distribución desigual da carga eléctrica, o que lles permite atraer e disolver as moléculas do polímero de poliestireno. Así, rompe as cadeas do polímero, facendo que a escuma de poliestireno se desintegre e vaia desaparecendo pouco a pouco.

          Podemos aproveitar tamén para introducir o concepto de polímero, xa que é moi probable que o alumnado o descoñeza. Neste punto, explicaremos que os polímeros son macromoléculas compostas por unha ou varias unidades químicas (coñecidas como monómeros) que se repiten ao longo de toda a cadea.

          Para ilustralo visualmente, podemos facerlles imaxinar un colar de perlas, no que cada perla representa un monómero e o colar enteiro sería o polímero (esta é só unha metáfora visual para facilitar a comprensión).

          Ademais, esta experiencia permite abordar os distintos tipos de plásticos existentes e a importancia de coidar o planeta mediante a reutilización e a reciclaxe. Porén, o máis importante é fomentar un consumo responsable.

          Os principais tipos de polímeros son:

          • Policloruro de vinilo (PVC)
          • Poliestireno (PS)
          • Polietileno (PE)
          • Polipropileno (PP)
          • Politereftalato de etileno (PET)
          • Poliuretano (PU)

          Co alumnado, podemos crear distintas pezas utilizando moldes de silicona: boliñas para colares e pulseiras, chaveiros, dados para xogos, letras ou mesmo material para a aula. Hoxe en día hai unha gran variedade de moldes dispoñibles no mercado.

          A túa clase nun clic

          Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

          Imaxe
          4
          Imaxe
          cast