Ágora dixital
Que lle ocorre no outono ás follas?
Mediante a técnica de cromatografía imos a desvelar o segredo de porqué as follas cambian de cor no outono. Faremos a extración dos seus pigmentos (clorofila, carotenoides e antocianinas) e descubriremos que no outono ao haber menos horas de luz e menos temperatura, as follas non producen tanta clorofila, polo tanto vanse facendo visibles o resto de pigmentos. Incluso poderemos ver como as follas secas apenas teñen pigmentos.
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
- Separamos as follas por cores para poder traballar de xeito ordenado.
- Faremos hipóteses de porqué si son todas as follas da mesma árbore, son de diferente cor. Que lle puido pasar? Soamente lle pasa en outono, ou pásalle tamén nas outras estacións do ano? Por que soamente cambian de cor en outono e acaban caendo das polas das árbores?
- Paso 2
-
- Comezamos polas de cor verde. Collemos as follas que temos e rachámolas en anaquiños pequenos, colocámolas nun morteiro e esmagámolas todo o que poidamos.
- Paso 3
-
- A continuación depositámolas no tubo de ensaio, ou nun vaso de tubo e engadímoslle un pouco de alcohol, ata cubrilas.
- Deixamos repousando ata que vexamos o alcohol de cor.
- Canto máis tempo repousen, maior será a extracción do pigmento
- Paso 4
-
- Repetimos a operación co resto das follas de cores.
Imaxe propia. Follas repousando en alcohol. (CCO)Imaxe - Paso 5
-
- Volvemos formular hipóteses. Que lle pasará ás follas ao estar metidas no alcohol?
- Paso 6
-
- Pasado o tempo de repousado, coamos o líquido das follas.
- Paso 7
-
- Poñemos os líquidos, por separado noutros tubos.
- Paso 8
-
- Cortamos tiras de papel de cociña e introducímolas no líquido.
- Deixamos que o papel vaia sorbendo progresivamente o líquido, e con el os pigmentos extraídos das follas.
- Neste momento, formularemos de novo hipóteses. Que ocorrerá? Tinguirase o papel?
- Paso 9
-
- Ao cabo dun anaco de estar o papel mergullado no extracto dos pigmentos, pode apreciarse como comezan a aparecer capas de cores. Este momento é o idóneo para reflexionar sobre o que se ve, e comezarase a dar a explicación.
Imaxe propia. Aparición dos pigmentos no papel de cociña. (CCO)Imaxe
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Para comezar a experiencia e que sexa totalmente significativa, sería interesante traballar coas follas da mesma árbore. Darémoslle a oportunidade ao alumnado de clasificalas por cores, para centrar a súa atención e observar a beleza do outono.
Imaxe propia. Clasificación das follas de outono. (CCO)
No momento de esmagar as follas, hai que incidir en que previamente as corten en anaquiños moi pequenos, para que sexa máis fácil realizar a extracción. Non resulta especialmente sinxelo estrullalas co morteiro, porque as follas das árbores son bastante duras, pero con paciencia conséguese. Sempre se pode optar por trituralas con outro utensilio de cociña, pero non é de todo preciso, o morteiro xa rompe suficientemente a súa estrutura.
Cando depositamos as follas no tubo de ensaio podemos fomentar a elaboración de hipóteses, preguntándolle que cren que vai pasar ao botarlle o alcohol.
Mentres están repousando as follas co alcohol, iremos centrando a atención do alumnado para que observen como este último se vai tinguindo.
Nesta experiencia empregamos papel de cociña, porque ten un poder de absorción moito maior que os filtros de café (cos que normalmente se fan estas experiencias), e porque os pigmentos se ven moito máis intensos.
Si se quere ampliar a experiencia, pódese facer o mesmo proceso, pero empregando auga en vez de alcohol, e comparar con que líquido se extraen mellor os pigmentos. A auga non consegue extraer todos os pigmentos das follas como o fai o alcohol.
Imaxe propia. Extracción de pigmentos empregando auga. (CCO)
Cando estean secos os anacos de papel, pódeselle poñer o nome aos diferentes pigmentos, gardalos ata a primavera e repetir o proceso con outras follas, ou incluso con flores.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|