Que temos enriba de nós?
Competencias
Palabras Clave
Estratexias

 

Sabemos que é o que temos enriba de nós? Todo o mundo está tan acostumado á presión e aos seus efectos, que non nos damos conta de que día a día o noso corpo soporta enormes cantidades de aire. Nesta microsecuencia investigaremos os efectos da presión e como visualizala.

Imaxe
M34_Imx1
Globos de aire quente, estrada e néboa, Cleverpix en PixbayPixabay License

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

Mans á obra

Visualizaremos a presión a través de dúas experiencias. A primeira delas consistirá en sentir o efecto da ausencia da presión no corpo e a segunda serviranos para xogar coas diferenzas de presión.

Experiencia  1

Envasar ao baleiro

  • Colocar á persoa participante dentro da bolsa.
  • Introducir a boquilla do aspirador dentro da bolsa, entre a persoa participante e a bolsa. Preferiblemente colocar esta boquilla entre as pernas e tendo coidado de que non toque a bolsa.
  • Acender.
     Experiencia 2

    Hemisferios de Magdeburgo

    • Xuntar os hemisferios.
    • Facer o baleiro cunha máquina ou coa boca.
    • Tirar deles para separalos.

       

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

       Envasar ao baleiro.

      • A medida que o aspirador diminúe a presión no interior da bolsa, a persoa da bolsa debe sentir unha sensación de aperta no corpo.
      • O alumnado observador notarán que a bolsa se axusta ao corpo da persoa. Isto ocorre porque a maior presión do aire sempre quere moverse cara a rexións de menor presión de aire.
      • A sensación de apertamento pode ser bastante substancial. A presión é causada pola reacción do plástico á diferenza na presión do aire externo fóra da bolsa e a presión do aire interno dentro da bolsa.
      • Cando a persoa da bolsa entra por primeira vez dentro dela, a presión do aire externa e interna son a mesma. Ao nivel do mar, a presión do aire adoita ser de 1 atmosfera. Dependendo do aspirador, a presión dentro da bolsa pódese reducir un 5-20%.
      Imaxe
      M37.O4
      Disposición da bolsa. 
      Imaxe
      M33.Imx3
      Descrición do efecto.

       Hemisferios de Magdeburgo

      • Os Hemisferios de Magdeburgo son un experimento clásico de física que demostra a incrible presión que a atmosfera que nos rodea exerce sobre os nosos corpos e todo o demais.
      • O aparello do experimento consiste en dous hemisferios de latón que encaixan entre si para formar un selo hermético. Unha das semiesferas ten un tubo que se pode conectar a unha bomba de baleiro ou a unha goma e directamente eliminar o aire coa boca.
      • Cando se extrae o aire do interior das semiesferas e se pecha a válvula, as dúas metades mantéñense firmemente unidas pola presión do aire da atmosfera circundante.
      • En caso de non ter hemisferios, pódense usar dous desatascadores, un contra o outro.
      • É case imposible separar as semiesferas. Unha vez que se deixa entrar o aire, as metades sepáranse facilmente.
      • Esta sinxela demostración da presión da atmósfera foi realizada por primeira vez polo científico alemán Otto von Guericke en 1654. Cando se selaron os bordos con graxa e se sacou o aire, a esfera non puido ser separada por dous cabalos de tiro.
      • Fundamento científico:
      • Bombéase o aire que hai no interior do espazo dos hemisferios para crear un baleiro relativo entre eles. Nos hemisferios só actúa a presión atmosférica, xa que ao extraer o aire non hai presión no interior.
      • Se a superficie dos hemisferios é suficientemente grande, necesítase unha forza bastante considerable para tratar de separalos.
      • A forza total sobre os hemisferios é a presión atmosférica sobre a superficie dos mesmos. Calculando a área dos hemisferios S pode escribirse:

       

      Imaxe
      M34Imx3

       

       

       A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast