Rebarallando a información. Meiose

A presente microsecuencia forma parte dunha das actividades do proxecto “Manipulando a Bioloxía Celular e Molecular”, desenvolvido no marco dunha licenza de formación para a elaboración de materiais en estadías de experimentación e creación no CIEDix, concedida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/2025.

Rebarallando a información: A meiose,  xenética básica e reprodución sexual. Non todas as células do noso corpo se dividen para crear copias idénticas de si mesmas. Os seres humanos,  como todos os organismos que se reproducen sexualmente, teñen que mesturar a súa información xenética coa doutro individuo. Cando isto ocorre, non poden xuntarse "sen máis", xa que senón, que lles pasaría ao seu número de cromosomas?

Para manter o número de cromosomas dunha xeración á outra constante, as nosas células sexuais teñen que reducir á metade os seus cromosomas e quedarse só con unha copia de cada par de cromosomas. 

Vexamos como fan!

 

Imaxe
Entrecrzamento

 

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

Mans á obra

Paso 1

 

Introdución

O recurso “Multiplícate ou divídete: En bioloxía é o mesmo, pero como se fai? Mitose” introduce ao alumnado no proceso de división celular, esencial para o crecemento e a renovación dos seres vivos. A través dun libro interactivo H5P, que atoparás no seguinte paso, explícase como unha célula se divide en dúas idénticas, relacionando a multiplicación e a división desde a bioloxía.

 

Itinerario de aprendizaxe 

  • Capítulo 1. Introdución á Meiose

       Explica o concepto xeral da meiose e a súa importancia biolóxica. Introduce a diferenza coa mitose e contextualiza o proceso no marco da reprodución sexual.

  • Capítulo 2. Etapas da Meiose I

       Describe as fases principais da primeira división meiótica: profase I, metafase I, anafase I e telofase I.

  • Capítulo 3. Etapas da Meiose II
    Presenta a segunda división meiótica e o seu paralelismo coa mitose.
     

  • Capítulo 4. Comparación Meiose vs. Mitose
    Recolle táboas ou elementos interactivos para comparar ambos procesos.
     

  • Capítulo 5. Importancia xenética da Meiose

       Desenvolve o papel da meiose na variabilidade xenética (recombinación, segregación independente, mutacións).
 

  • Capítulo 6. Autoavaliación / Rebarallando a información
    Actividades interactivas de revisión: arrastrar conceptos, ordenar etapas, relacionar imaxes con definicións.

 

Paso seguinte

Na actividade que atoparás a continuación, poderás aplicar todo o aprendido a través de exercicios interactivos que che axudarán a consolidar os teus coñecementos sobre o ADN e o seu papel fundamental na bioloxía molecular.

 Paso 2

 

 

 Paso 3

 

Vídeo

Comprobando o entrecruzamento

Video file

Tips docentes

Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

  • Activación de coñecementos previos: Comezar con unha actividade de comparación entre mitose e meiose para detectar ideas previas erróneas.

  • Uso de recursos visuais e manipulación: Utilizar maquetas, imaxes microscópicas ou simuladores (p. ex. “Cell Division Simulator”) para acompañar o contido interactivo.

  • Aprendizaxe activa: Promover que o alumnado reconstrúa o proceso a través das actividades de arrastre e ordeación (“Rebarallando a información”).

  • Enfoque competencial: Relacionar a meiose coas competencias científicas: explicación de fenómenos, formulación de hipóteses e interpretación de resultados.

  • Avaliación formativa: Empregar o módulo de autoavaliación como instrumento para detectar dificultades e facer revisión guiada antes da avaliación final.

  • Integración interdisciplinar: Vincular coas áreas de xenética (herdanza e variabilidade), saúde (reprodución humana) e incluso ética (manipulación xenética).

 

Material compartido

 

 

A túa clase nun clic

 

Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

Imaxe
4
Imaxe
cast