Robot aspirador
Competencias
Estratexias

Nesta microsecuencia empregaremos un mBot para programar en mBlock o funcionamento dun robot aspirador. Isto permitiranos partir de seres da contorna (morcego-ecolocalizador) para relacionalo cun elemento de uso común (robot aspirador).

Imaxe
M35.Imx1

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

Mans á obra

Paso 1
  • Comprender e valorar a importancia dos seres vivos para adaptar a nosa contorna ás nosas necesidades. Ver como se orientan os morcegos (ecolocalización).
  • Procurar obxectos reais que empreguen sensores semellantes (robot aspirador, sensor de aparcamento de coches...).
  • Propoñer o reto de crear un robot aspirador programando o mBot en mBlock mediante bloques.
  • Valorar e precisar variables necesarias e levar a cabo a programación. Neste caso, empregaremos o sensor de ultrasóns para que o robot xire a unha determinada distancia dun obstáculo e así logre evitalo.
Imaxe
M35 Imx2
 Paso 2
  • Cargar o programa no robot e comprobar que funciona.
Imaxe
M35.Imx3

     

    Paso 3
    • Posibilidade de deseñar ou reutilizar un cepillo para comprobar o correcto funcionamento e ver a funcionalidade do mesmo.

     


       

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

       É necesario ter certas habilidades de programación mediante bloques (nesta ocasión emprégase un único sensor: o sensor de ultrasóns).

       Poderíase perfeccionar a programación e deseño consonte á finalidade agardada do robot e en función do uso que lle queiramos dar (personalización).

       Posibilidade de empregar cores e/ou sons de tal xeito que nos permita percibir dalgún xeito adicional cando o robot experimenta un cambio de acción.

       Este sensor tamén nos permite medir distancias e traballar aspectos de áreas como matemáticas, como a estimación e as medidas de lonxitude ou calcular as dimensións dun espazo para calcular áreas ou volumes.

            

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast