Roupa intelixente
Competencias
Habilidades
Autoría

 

Imaxina levar unha chaqueta que se ilumina na escuridade, unha camiseta que cambia de cor segundo o noso estado de ánimo ou unha mochila que carga o móbil mentres camiñamos. Isto é posible grazas aos e-téxtiles ou téxtiles electrónicos, unha fusión entre a moda e a tecnoloxía.

Nesta microsesión mergullarémonos neste fascinante mundo e aprenderemos a construír un broche con forma de semáforo que muda de cor segundo o noso estado de ánimo.

Para elaboralo empregaremos feltro, fío, un microcontrolador Crumble, un pulsador, fío condutor e LEDs de cores. Será preciso cargar un programa sinxelo na placa Crumble ou desenvolvelo nós mesmos, empregando o contorno de desenvolvemento gráfico Crumble.

Imaxe
M78_Imx01.png
Imaxe propia. Broche máxico.

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

 

  • A placa Crumble é un microcontrolador que nos permite construir sistemas electrónicos de xeito sinxelo baseados en e-téxtiles, nesta microsecuencia construiremos un broche con forma de semáforo con luces leds e un interruptor que nos permita mudar a cor do disco segundo o noso estado de ánimo. A cor verde signifca que o noso estado de ánimo é moi bo, a luz amarela que é normal e a luz vermella que é malo.
  • O primeiro é imprimir a plantilla nunha folla e recortar as pezas das follas de feltro: disco en cor verde, disco en cor amarelo, disco en cor vermello, un fondo en cor gris e dous fondos en cor negro.
Imaxe
M78_Imx02.png
Imaxe propia. Plantilla pezas feltro.
     Paso 2

     

    • Coa cola branca para feltro pegar os discos vermello, amarelo e verde sobre o fondo gris.
    Imaxe
    M78_Imx03.png
    Imaxe propia. Pegar discos sobre feltro gris.
      Paso 3

       

      • Coa placa Crumble conectada por cable USB ao equipo, copiamos o arquivo descargado (programa_semaforo.crm) na placa microcontrolador Crumble. O programa foi desenvolvido no entorno de programación Crumble.
      Imaxe
      M78_Imx04.png
      Imaxe propia. Copiar o programa no microcontrolador Crumble.
      Paso 4

       

      • Facer un pequeno burato no punto medio de cada disco e introducir o led correspondente.
      Imaxe
      M78_Imx05.png
      Imaxe propia. Colocar os LEDs nos discos de feltro.
      • Con fío condutor conectar os bornes negativos de cada led.

      Imaxe
      M78_Imx06.png
      Imaxe propia. Unir os bornes negativos dos LEDs con fío condutor.

       

      Paso 5

       

      • Colocar sobre os bornes dos leds un fondo de feltro negro onde colocaremos a placa Crumble e o portapilas. Empregamos un fondo de feltro negro para aislar os bornes dos leds do microcontrolador e do portapilas e o suxeitamos ao feltro empregando fío normal.
      • Realizamos as seguintes conexións con fío condutor:
        • Conector B: conectado o borne positivo do led verde.
        • Conector C: conectado o borne positivo do led amarelo.
        • Conector D: conectado o borne positivo do led vermello.
        • Conector + da ringleira dos conectores (A e B) xunto ao conector usb da placa, conectado ao borne positivo do portapilas.
        • Conector - da ringleira dos conectores (A e B) xunto ao conector usb da placa, conectado ao borne negativo do portapilas.
        • Conector - da ringleira dos conectores (D e C) xunto ao conector usb da placa, conectado aos bornes negativo dos leds.
        • Conector + da ringleira dos conectores (D e C) xunto ao conector usb da placa, irá conectado ao pulsador pero o faremos no seguinte paso.
        • Conector A, irá conectado ao pulsador pero o faremos no seguinte paso.
           
      • Debemos de ter moito coidado para que os diferentes fíos condutores non contacten, nalgún caso pode ser útil empregar un anaco de cinta aislante para cubrir o fío condutor e evitar que entre en contacto con outro fío, provocando un mal funcionamento do sistema.
         
      • Colocamos a pila no portapilas e mantemos o interruptor apagado para que non proporcione enerxía ao circuito.
      Imaxe
      M78_Imx07.png
      Imaxe propia. Colocar o microcontrolador e o portapilas.
      Paso 6

       

      • Colocar sobre o microcontrolador un fondo de feltro negro onde colocaremos o interruptor.
         
      • Empregamos un fondo de feltro negro para aislar o interruptor do microcontrolador. Empregamos fío normal negro para suxeitar o interruptor ao feltro. Realizamos as seguintes conexións con fío condutor:
        • Borne + da ringleira dos conectores (D e C) xunto ao conector usb da placa, irá conectado a un borne do pulsador.
        • Conector A da placa, irá conectado ao outro borne do pulsador.
      Imaxe
      M78_Imx08.png
      Imaxe propia. Colocar interruptor.
       
      Paso 7

       

      • Con fío normal gris coseremos o borde de todo o broche unindo o fondo gris cos discos, o fondo negro co microcontrolador e o portapilas e o fondo negro co interruptor. Debemos deixar a parte por onde se introduce a pila sen unir para poder cambiar a pila cando se gaste se necesidade de descoser o broche.
         
      • Acendemos o portapilas e pulsamos o interruptor. A primeira pulsación encende o led verde. Se pulsamos outra vez, encéndese o led amarelo e a seguinte vez, o led vermello. De este xeito podemos empregar o broche para indicar o noso estado de ánimo. Tan só resta colocar cun
        imperdible colocar o broche na nosa peza de roupa.
      Imaxe
      M78_Imx09.png
      Imaxe propia. Broche semáforo.

        Tips docentes

        Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

         Non é preciso que o alumnado inicie sesión para empregar o entorno de desenvolvemento Crumble.

         No punto 3, comentar as características do controlador Crumble:

        • O microcontrolador Crumble está pensado para o ámbito educativo e permite construir circuitos tecnolóxicos simples de xeito áxil e sinxelo.xeo.
           
        • Ao contrario que Arduino ou BBC micro:bit, non é un proxecto de código aberto. É un microcontrolador propietario aínda que o entorno de desenvolvemento é gratis.
           
        • Podemos realizar a seguinte actividade:  

         No punto 7, proxectar o vídeo que resume o funcionamento do noso broche semáforo.

         

         


        A túa clase nun clic

        Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

        Imaxe
        4
        Imaxe
        cast