Ágora dixital
Serías quen de facer de dentista?
Palabras Clave
Habilidades
Estratexias
Autoría
Nesta actividade converterémonos en dentistas profesionais. Deberemos quitar todos os dentes da boca dun neno evitando que este se queixe. Unha vez rematada a extracción, podemos deixar os dentes nunha caixa e ver se o Ratiño Pérez pasa pola aula a deixarnos algún agasallo.
Imaxe
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
>
Mans á obra
- Paso 1
-
- Pintamos a caixa e colocamos a imaxe da cara dun neno.
- Paso 2
-
- Picamos o espazo para os dentes.
- Colocamos as dúas placas de porexpán unha sobre a outra co papel de aluminio no medio.
Imaxe
- Paso 3
-
- Enganchamos un extremo do cable á Placa Makey Makey e o outro extremo ao papel de aluminio
- Paso 4
-
- Conectamos a Placa Makey Makey ao ordenador.
Imaxe
- Conectamos a Placa Makey Makey ao ordenador.
- Paso 5
-
- Inserimos os garavanzos nos orificios.
Imaxe
- Inserimos os garavanzos nos orificios.
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Consellos para o bo funcionamento do proceso:
Necesaria a conta no programa de Scratch.
- Enlace ao programa creado: https://scratch.mit.edu/projects/427987914/fullscreen/
Con respecto ao material, é importante contar con:
- Pinzas totalmente metálicas (sen plásticos).
- Boa suxeición do cable co papel de aluminio a través dunha chincheta metálica.
- Empregar elementos redondos (como os garavanzos) para facilitar o xogo.
- Crear unha pulseira metálica (papel de aluminio) para conectar a toma de terra da placa Makey Makey e dar máis “liberdade manual” ao alumnado participante.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|