Ágora dixital
Esta é a historia do gatiño Calicó, que ata hai pouco tempo vivía moi feliz no seu barrio. Porén, a súa supervivencia empeza a estar en perigo pola gran cantidade de residuos plásticos que se empezan a acumular ao seu redor.
Queres axudar o gato Calicó? Entre todos e todas podemos contribuír a mellorar a nosa contorna e facer que animais e seres humanos vivamos nun planeta limpo e sostible.
Pensas que é posible reducir a cantidade de plástico que consumimos? Como podemos evitar que cheguen tantos residuos plásticos aos mares e océanos? Que solucións ou propostas de mellora se che ocorren fronte a este problema mundial?
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
- Pensando en contextualizar a actividade, recoméndase visualizar algún breve vídeo previo á actividade. Existe unha gran cantidade deles en Youtube, por exemplo:
Creemos conciencia: mueren miles de animales por la contaminación
- Paso 2
-
- Proponse o Reto 1. Empregaremos la e plastilina para recrear as macromoléculas de plásticos termoplásticos, termoestables e elastómeros.
- Consulta na Internet para coñecer a conformación química dos 3 tipos de polímeros.
- Repártese la e plastilina ao alumnado que representará os fíos das macromoléculas con la e os enlaces entre macromoléculas con plastilina. As seguintes imaxes son un exemplo levado a cabo por unha alumna de 1º ESO.
RETO 1: Estuda sobre as cadeas de moléculas de termoplásticos, termoestables e elastómeros, e tenta simulalas con plastilina e la. Indica ao lado de cada molécula cal é reciclable e cal non.
- Proponse o Reto 1. Empregaremos la e plastilina para recrear as macromoléculas de plásticos termoplásticos, termoestables e elastómeros.
-
- Paso 3
-
Reto 2. Representa un monómero con escarvadentes e plastilina (por exemplo o etileno) e un polímero (por exemplo o polietileno).
- Busca información na Internet e representa primeiro a lapis as moléculas do monómero e o polímero.
- Identifica os átomos (número de átomos e elementos químicos que conforman dita molécula de polímero).
- Representa cada átomo con boliñas dunha cor de plastilina definida, identificando cada elemento químico cunha cor diferente.
Identifica os enlaces de cada molécula e represéntaos cun anaco de escarvadentes. Ollo! os enlaces dobres serán representados con dobre anaco de escarvantes.
RETO 2: Fai con escarvadentes e plastilina, un monómero (etileno) e un polímero (polietileno).
- Paso 4
-
Proponse o Reto 3. Elixe dous plásticos e representa con escarvadentes e plastilina as súas moléculas.
O procedemento a seguir será idéntico ao do reto 2. Cada elemento químico será identificado cunha cor e serán diferenciados os diferentes tipos de enlaces. A seguinte imaxe mostra como exemplo as representacións das moléculas de PVC (Cloruro de Polivinilo) e PP (Polipropileno) levados a cabo por un alumno de 1º ESO.
RETO 3: Elixe dous plásticos diferentes, debuxa e representa ambas moléculas con escarvadentes e plastilina.
-
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Aconséllase facer unha breve introdución ou recordatorio aos termos: átomo, molécula, macromolécula, polimerización, enlace, elementos da táboa periódica...
É aconsellable definir (para todo o grupo) a cor da plastilina de cada átomo.
É conveniente dedicar algo de tempo á investigación da composición das diferentes moléculas na Internet, e asegurarse de que o alumnado comprende a súa estrutura e sabe diferenciar perfectamente cada átomo e os enlaces que os unen, posto que de iso depende a correcta realización da actividade.
Pensando en contextualizar a actividade, recoméndase visualizar algún breve vídeo previo á actividade.
E finalmente, recoméndase realizar un breve debate á finalización da actividade.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|