Ciberseguridade en entornos educativos

No espazo "Seguridade" do portal espazoAbalar podes acceder aos novos contidos sobre ciberseguridade en entornos educativos, en forma de video-pílulas, que poden axudarche a saber qué facer e a entender mellor como debes actuar nalgunhas das situacións de risco coas que te podes atopar no teu día a día con respecto aos medios electrónicos e dixitais.

Estes contidos en forma de mini-vídeos abordan temas como o control parental, o ciberbullying, como localizar un móbil perdido, seguridade nos correos electrónicos, etc...

Acceder aos contidos  
Ciberseguridade en entornos educativos

Na seguridade das tecnoloxías da información búscase un equilibrio entre a funcionalidade e a seguridade. As ameazas ás que se enfrontan os equipos informáticos son numerosas e variadas, polo que é importante coñecelas e tomar as medidas adecuadas para previr e combater a súa incidencia.

Outros contidos relacionados coa ciberseguridade, neste mesmo espazo:

  Normativa e lexislación

  Novidades do RXPD

  Ciberseguridade básica

  Ataques de phishing

  Contrasinal seguro

  Seguridade no correo

 

Imaxe
Ciberseguridade