NOOC “Menores e seguridade na rede”

Que idade é a máis adecuada para facer uso do primeiro móbil?, a que riscos se enfrontan os menores e adolescentes ao navegar por internet?, cales son as redes sociais e ferramentas que empregan con máis frecuencia no seu tempo de lecer?, como actuar ante unha práctica de risco? ou  como ensinar aos nosos fillos e estudantes a facer un uso responsable e seguro dos dispositivos móbiles?.

Estas son preguntas que pais, nais, titores, docentes ou educadores se fan a diario e ás que se dará dar resposta coa realización deste curso. A iniciativa nace da colaboración entre o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do profesorado (INTEF), o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), co obxectivo de dar a coñecer pautas, ferramentas e estratexias que permitan evitar os riscos dun uso inadecuado ou pouco seguro da rede, para orientar e acompañar aos menores na contorna dixital e salvagardar a súa intimidade e benestar persoais.

Está dirixido á comunidade educativa, especialmente aos proxenitores, ás familias e aos docentes, titores e equipos directivos de centros educativos, que son responsables da labor de acompañar a menores e adolescentes na progresiva adquisición de competencias dixitais que lles permitan facer un uso e navegación seguros nas contornas dixitais.

Esta edición arranca o próximo 31 de xaneiro e durará ata o 9 de febreiro, cun esforzo estimado de 180 minutos por parte dos inscritos. É preciso inscribirse aquí 

Toda a información sobre os detalles e a inscrición na seguinte ligazón: https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/actualidade/eventos/nooc-menores-e-seguridade-na-rede