Espazos
Xornada gratuíta “Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro” destinada a estudantes do eido tecnolóxico.
Imaxe
- A xornada é promovida e organizada polo Nodo CIBER.gal, espazo promovido pola Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para achegar a ciberseguridade a toda a Comunidade
- Celébrase o día 13 de xuño en Ourense, na Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI) e tamén será retransmitida en liña (agás os obradoiros prácticos)
- A inscrición estará aberta ata cubrir as prazas dispoñibles
De especial interese para o alumnado do eido tecnolóxico, destacan as seguintes actividades:
- 10:45h - Relatorio maxistral: Retos novos, retos vellos? a cargo do recoñecido hacker Román Ramírez
- 11:45h - Mesa redonda: Actualidade e futuro da profesión do CISO, onde se contará o día a día desta profesión e se falará da oportunidade de especializarse e adicarse profesionalmente ao sector da ciberseguridade
- 12:15h - Obradoiros prácticos simultáneos (1,5h de duración), onde expertos na materia ensinarán aos asistentes acerca das seguintes temáticas:
- Securización de datos de telemetría para domótica utilizando ESP8266
- Smashing de Stack 25 anos despois
- Extracción de credenciais en sistemas windows, con Forensics
- Análise dun servidor de correo electrónico e rastrexo de malware
A asistencia é gratuíta, tanto presencial como en liña. Esta xuntanza é unha boa oportunidade para achegar ao alumnado a actualidade e oportunidades deste sector en continuo crecemento e con tanta demanda no noso tecido empresarial.
Para asistir, tanto de xeito presencial coma en liña, é preciso inscribirse previamente aquí.
Máis información e o programa completo nesta ligazón.