cREagal na III Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo

Seguindo co traballo de difusión do proxecto, o equipo cREAgal estivo mostrando os recursos educativos abertos na III Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo os días 17 e 18 de marzo de 2026.

A boa aceptación do proxecto cREAgal  polo público asistente continuou sendo a norma neste tipo de eventos e, como novidade, nesta ocasión mostráronse exemplos de produtos das situacións de aprendizaxe do proxecto. Nesta feira podíase xogar co xadrez orixinado no REA de Tecnoloxía e Dixitalización "La tecnología da mucho juego", ver prendas elaboradas no REA de Matemáticas de 2º de ESO "ReMates e ReTales" e unha das experiencias con lévedos do REA de CCNN de 5º de EP "A natureza en xogo".

Imaxes dos posto cREAgal na Feira de Educación de Lugo

 

Ademais, as persoas que visitaron o posto cREAgal tiveron a ocasión de navegar polas diferentes situacións de aprendizaxe dos recursos educativos abertos creados por profesorado galego e ver nas guías didácticas as instrucións precisas para implementalos nas súas aulas e a relación co currículo.