Como usar os recursos cREAgal

Nesta páxina atoparás información de como utilizar os recursos do proxecto cREAgal directamente na aula virtual do teu centro. Lembra que tamén os tes dispoñibles na plataforma EVA Edixgal.

Os REA de cREAgal foron elaborados por profesorado galego empregando a ferramenta eXeLearning (extensión de ficheiro .elp). Podes utilizalos, modificalos e difundilos libremente, coa única condición de respectar a súa licenza CC BY-NC-SA.

No repositorio atópanse os recursos para o alumnado e as correspondentes guías didácticas para o profesorado, onde se explica como aplicalos na aula e a súa relación coa programación de exemplo de Proens.

Como importar e utilizar directamente un recurso cREAgal nas aulas virtuais

Se o recurso xa se adapta ás túas necesidades e non precisas modificalo, podes utilizalo directamente na túa aula virtual en formato SCORM (podéndose gardar as puntuacións da maioría das actividades interactivas do recurso), ou ben en formato WEB (optimizado esteticamente). Aquí tes un sinxelo videotitorial explicando como facelo:

Como importar e modificar un recurso cREAgal coa ferramenta de eXe online nas aulas virtuais

Xa están dispoñibles en Moodle os plugins para poder editar en liña os teus recursos de eXeLearning tanto en formato SCORM como WEB. O seguinte videotitorial explica como importar e modificar os recursos cREAgal nas aulas virtuais:

Como editar un recurso cREAgal directamente coa ferramenta eXeLearning, fóra da aula virtual

En cada recurso atoparás a opción de descargar o ficheiro .elp que che permitirá editar o recurso directamente coa ferramenta eXeLearning, fóra da aula virtual. No seguinte videotitorial podes ver como facelo de maneira sinxela:

Como editar un recurso cREAgal en E-Dixgal

Por último,  tódolos recursos cREAgal publicados están tamén no repositorio E-Dixgal e pódelos editar en liña co plugin de eXeLearning, neste caso en formato SCORM. O seguinte videotitorial explica como incorporar  e modificar os recursos cREAgal nas no EVA E-Dixgal:

Estilos cREAgal para eXeLearning

O estilo cREAgal achega identidade propia a todos os materiais e permite homoxeneizar o aspecto visual e o estilo lingüístico dos nosos REA. O seu deseño está baseado nos principios pedagóxicos e nos obxectivos propios do proxecto.

Nas seguintes ligazóns podes descargar o estilo cREAgal para os REA do alumnado (estilo cREAgal con fases) e para as guías didácticas (estilo cREAgal).

Podes consultar como importar os estilos cREAgal en eXeLearning no apartado Xestor de estilos do curso aberto de eXe para o proxecto cREAgal.