cREAgal nas XXI Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola APETEGA

 

Imaxe da presentación cREAgal na asociación APETEGA

APETEGA, Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, organiza as XXI XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA, no IES Plurilingüe San Rosendo o 21 e 22 de Marzo de 2025.

Nesta actividade de formación tivo lugar a conferencia Técnicas didácticas de aplicación práctica na aula-obradoiro. Experiencias innovadoras para a práctica docente na área. Exposición e posta en común do proxecto cREAgal, onde se expuxo a filosofía e o proceso de implementación do proxecto.