cREagal no SIMO 2025

Seguindo co traballo de difusión do proxecto, o equipo cREAgal estivo mostrando o proxecto na feira educativa SIMO Educación 2025 en Madrid os días 28 e 29 de outubro de 2025.

A aceptación do público asistente foi excepcional e tiveron a ocasión de navegar polas diferentes situacións de aprendizaxe dos recursos educativos abertos creados por profesorado galego, ademais de ver nas guías didácticas as instrucións precisas para implementalos nas súas aulas e a relación co currículo.

Ademais o equipo cREAgal asistiu a presentación da versión 3.0 de eXeLearning, o software libre no que se crean os recursos de cREAgal e na que a Consellería de Educación,Ciencia, Universidades e Formación Profesional participa na súa evolución xunto o INTEF e outras comunidades autónomas.

Imaxen do stando de cREAgal no SIMO 2025, cun cartel de cREAgal feito por docentes