Creagal
O pasado 2 de marzo a profesora Lorena Cerdeiro; recibiu o premio do ; I Premios Nacionales a Experiencias Educativas que fomentan la Competencia Digital del alumnado coa actividade ;"Clics seguros en Zas", ; que ten orixe da aplicación do REA "Sin miedo a hacer clic" do proxecto cREAgal. ;
Este proxecto é un gran exemplo de como pode evolucionar un REA de cREAgal nun centro e convertese nun proxecto de interese para a comunidade educativa e con recoñecemento.
Os obxectivos deste proxecto foron a sensibilización do alumnado de toda a ESO sobre os riscos e ameazas existentes na Rede e nos dispositivos, educando no uso seguro da tecnoloxía dixital. Ademais sensibiliza ó alumnado sobre a dificultades que orixina a fenda dixital; e crea un aprendizaxe servizo para a contorna do centro educativo.
