Mais de 150 Recursos Educativos Abertos

Despois dun intenso traballo polo equipo de persoas coordinadoras e elaboradoras dos recursos do proxecto cREAgal,  superouse a cantidade de 150 recursos educativos gratuítos abertos  (REA) publicados e que están adaptados aos currículos galegos e xa a disposición do profesorado galego.

Actualmente ofrécense 157 REA, realizados por profesorado galego, que están publicados no repositorio do proxecto e no EVA E-Dixgal. Estrutúranse en situacións de aprendizaxe que propoñen retos e proxectos concretos para o alumnado, convertendo a experiencia educativa nun proceso activo, participativo e contextualizado.

 

Imaxe de presentación do proxecto cREAgal onde se mostra un equipo na páxina do proxecto. Se remarca o concepto de REA, que engloba o currículo a través da programación modelo de Proens e que usa situacións de aprendizaxe

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Fundamentos cREAgal (CC BY-NC-SA 4.0)

Educación Primaria: 16 materias de 5º e 6 de Educación Primaria están completamente cubertas por 88 REA do proxecto cREagal,  que engloban todo o currículo da materia.

Educación Secundaria: Publicados 48  REA  que cubren o currículo de 7 materias de 1º de ESO. En 2º de ESO están publicados os REA de 3 materias: Matemáticas, Xeografía e Historia e Tecnoloxía e Dixitalización.

Neste curso 2025/26 seguimos traballando para completar as materias que faltan de 2º de ESO e as materias de Matemáticas, Xeografía e Historia e Educación Dixital de 3º de ESO.