Premio ó CPI de Zas a partir dun REA de cREAgal

O Centro Público Integrado de Zas,  foi premiado no II Concurso de iniciativas didácticas sobre Tecnoloxía  coa actividade "Clics seguros en Zas",   que ten orixe da aplicación do REA "Sin miedo a hacer clic" do proxecto cREAgal.

Os obxectivos deste proxecto foron a sensibilización do alumnado de toda a ESO sobre os riscos e ameazas existentes na Rede e nos dispositivos, educando no uso seguro da tecnoloxía dixital. Ademais sensibiliza ó alumnado sobre a dificultades que orixina a fenda dixital  e crea un aprendizaxe servizo para a contorna do centro educativo.

Imaxe do proxecto Clicks Seguros en Zas

 

 

A imaxe inserida pertence ó  Departamento de Tecnoloxía do CPI de Zas, "Clics seguros en Zas"  Licenza CC-BY_NC_SA 4.0 

A imaxe da portada  desta nova é unha obra derivada do orixinal do  Departamento de Tecnoloxía do CPI de Zas, "Clics seguros en Zas"  Licenza CC-BY_NC_SA 4.0