Presentación de cREAgal

 

Fotografías de 10 persoas, unhas a carón das outras, participantes na presentación de cREAgal, co conselleiro de Educación no centro

A Xunta presenta cREAgal como unha nova oportunidade para empregar materiais dixitais como un valor engadido en prol dun ensino de calidade. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou o luns 27 de maio de 2024 na presentación do proxecto cREAgal, a nova iniciativa da Xunta para impulsar o ensino híbrido nas aulas a través de materiais dixitais adaptados aos currículos galegos, flexibles e inclusivos, que poderá a empregarse voluntariamente nas aulas dixitais de todos os centros galegos de Primaria e ESO a partir do vindeiro curso 2024/25.