Creagal
Presentación dos novos REA cREAgal de Matemáticas 1º ESO

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou o IES As Barxas, en Moaña, para presentar os novos contidos educativos dixitais do programa cREAgal para a materia de Matemáticas de 1º de ESO. Tal e como explicou, «trátase de materiais cos que a Xunta de Galicia reforza a aprendizaxe híbrida, dado que o contido dixital vai acompañado de documentación que se pode empregar en papel, incluíndo unha guía docente».